Entradas por bretemas

Onte 1093: Esporada, un gol de fantasía

Será moi difícil esquecer o gol que Tuco Hernández marcou onte no Manzanares fronte ao Atlético de Madrid. Un gol de fantasía, unha desas pezas que pola súa creatividade achega o fútbol a algunha das disciplinas das Belas Artes. A do arxentino foi unha manobra insólita, tras un pase de máis de trinta metros de Planas, […]

Onte 1092: Arnoia

Un grupo de quince editores galegos visitamos onte as instalacións de Arnoia. Tras vinte e sete anos de funcionamento as cifras da distribuidora de Ponte Caldelas, tanto polo número de referencias da súa base de datos (máis de catro centas mil, das que máis da metade contan con stock no almacén) como de editoriais (2.000) e clientes (6.000) […]

Onte 1091: Adeuses

Despedimos onte en Alvedro a María que vai facer un máster dun ano na Universidade de Cardiff. Sempre me resultaron difíciles os adeuses, os últimos abrazos e olladas en fite entre os que marchan e os que quedan, instantes de emoción que visualizan tanto o inevitable medo ao descoñecido como a ledicia de enxergar un novo […]

Onte 1090: Esperando

Andoni Ortuzar, presidente do Euskadi Buru Batzar, fixo onte unhas declaracións en Edimburgo,onde acudiu para seguir o referéndum de Escocia, que merecen non pasar desapercibidas: «Chegará un momento en que con Cataluña, con Euskadi, por moito que queiran, xa será tarde e difícil o acordo». «Nós apostamos por un acordo, primeiro en Euskadi, entre partidos […]

Onte 1089: Detalles didácticos

Deixando fóra o contido dos discursos e as circunstancias da visita, o que me máis interesou da inauguración do curso que os Reis realizaron onte no Colexio Ben Cho Sey de Pereiro de Aguiar foron algúns detalles didácticos que identifiquei nos álbums de fotos publicados na rede. Aventuro que non foi casual nin a austeridade das paredes do centro, con escasos reclamos didácticos, nin […]

Sobre o terrorismo machista

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre a escalada da violencia machista do pasado mes de agosto. Este verán produciuse en Galicia unha escalada de violencia machista. Até finais de agosto foron seis as mulleres asasinadas (catro na provincia de Pontevedra) polos seus maridos, noivos ou amantes ou polos seus ex maridos, […]

Campo do Fragoso CLIV

CO MEL NOS BEIZOS Tras medio partido marabilloso, o Celta non foi capaz de manter a súa vantaxe diante dunha magnífica Real Sociedade. Xaora, o empate foi xusto xa que o partido foi equilibrado. Os celestes deron un auténtico recital durante case media hora da primeira parte e un pequeno treito da segunda. E os […]

Onte 1087: Capa peregrina

Se xa non chocase a utilización da Cidade da Cultura como velódromo de superluxo para a saída da etapa contrarreloxo da Vuelta, o momento capa peregrina no Obradoiro, protagonizado polo presidente Feijóo e a secretaria xeral para o Turismo Nava Castro, foi tan prescindible como ridículo para os seus protagonistas. Alberto Contador, o ciclista madrileño gañador da proba, […]

Onte 1086: Roald Dahl Day

Celebrouse onte o Roald Dahl Day, a festa anual na que lembramos a un dos clásicos do século XX. Esta edición concide co cincuentenario da publicación de Charlie e a fábrica de chocolate e coa publicación en The Guardian de «The Vanilla Fudge Room«, un capítulo que nunca chegou a ser incluído na lendaria novela de Wonka. […]