Entradas por bretemas

Onte 1257: Cantares no Miñor

Memorable serán o de onte no Auditorio Rosalía de Castro de Vigo, onde se celebrou Cantares no Miñor, o cuarto encontro de Coros Tradicionais organizado por Cantares do Brión. A homenaxe ao Real Coro Toxo e Froles de Ferrol, con motivo do seu centenario, así como a interpretación dalgúns dos temas do disco Arruídos e a […]

Onte 1256: «Antípodas» e a reinvidicación do idioma

Cun impresionante alalá a cantora Begoña Lorenzo abriu a presentación de Antípodas de Xosé Vázquez Pintor que onte organizou o Ateneo de Pontevedra. Un serán musical e literario fermoso e emotivo no que as persoas participantes reivindicaron o valor da memoria e da palabra de noso como fulcrais na actividade literaria. O escritor Xaime Toxo, presidente do Ateneo, situou «a trama, o […]

Onte 1255: Un plan para o libro

Deuse a coñecer onte o Observatorio da libraría 2014, a panorámica que as Confederacións de Libreiros (CEGAL) elaboran sobre a situación das librarías independentes. O descenso das vendas nun 18 % nos últimos tres anos e a diminución do número de librarías constituen apenas dous síntomas da crise profunda dun sector que sabemos vai moito […]

Onte 1254: «Dende o conflito» en Lila de Lilith

Montse Dopico e María Reimóndez mantiveron no serán de onte unha moi interesante conversa na libraría Lila de Lilith arredor de Dende o conflito, a novela gañadora do Premio Xerais 2014. Comezou Dopico lembrando a súa participación no xurado que outorgou este Xerais e cualificou despois Dende o conflito como «a mellor novela das publicadas por Reimóndez, […]

Onte 1253: Chegou «Funambulistas»

Onte comezaron a chegar ás mesas de novidades das librarías os primeiros exemplares de Funambulistas, o primeiro libro de narrativa de Mercedes Leobalde. Como membro do xurado que lle outorgou o Premio Ánxel Fole 2014, convocado polo concello de Lugo, xunto a Marica Campo e Olga Novo, vivín o entusiasmo que a todos os tres […]

Onte 1252: Centenario de «Vento mareiro»

O primeiro de marzo de 1915, segundo informa o colofón do libro, acabouse de imprimir na Habana Vento mareiro, o libro de Ramón Cabanillas que revolucionou a poesía galega do século XX enlazando coas voces do Rexurdimento. O noso admirado Ramiro Fonte, que preparou a edición publicada por Xerais na BLG hai vinte anos, definiu […]

Onte 1251: CXTG Intersindical Ensino

Manuel Méndez de Moaña recuperou onte no seu muro de FB unha desas fotos que merecen ser conservadas no arquivo do blog. 45 persoas que hai trinta anos compartimos a candidatura da CXTG Intersindical da provincia de Pontevedra nas primeiras eleccións sindicais do ensino público. Toda unha xeración de ensinantes nacionalistas, hoxe felizmente xubilados na […]

Onte 1250: «Coller as rendas» en Moito Conto

Levei unha moi grata sorpresa en Moito Conto, a nova libraría coruñesa especializada en literatura infantil, onde presentamos no serán de onte Coller as rendas, o novo álbum de poesía de Yolanda Castaño e Xosé Tomás. Gustei da amplitude e do arranxo das instalacións dunha libraría con fasquía nórdica, así como da calidade da escolla […]