Entradas por bretemas

Onte 1454: Triste Día Europeo das Linguas en Galicia

Coincidiu a celebración onte do Día Europeo das linguas coa notificación recibida na Real Academia Galega na que o Tribunal Constitucional comunica que inadmite o seu recurso de amparo sobre o recurso de casación relativo á sentenza do Tribuna Superior de Xustiza de Galicia sobre o Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario. Un texto de […]

Onte 1453: «Muros de aire» de An Alfaya no Café Badía

Inauguramos onte a tempada literaria de presentacións en Vigo no Café Badía dos Caños. Case un cento de persoas ateigaron o tan acolledor espazo dos nosos amigos Menchu e Marcos Calveiro para participar na estrea de Muros de aire, a novela máis recente de An Alfaya. Un excelente serán literario a cuxo inicio lembramos con gratitude […]

Campo do Fragoso CLXVII

INESQUECIBLE, MEMORABLE, HISTÓRICO Inesquecible, memorable, histórico non son cualificativos desmesurados para o sucedido en Balaídos o mércores. O Celta esmagou ao Barcelona nun partido extraordinario, quizais un dos máis completos da última década, que nos fixo lembrar a ledicia vivida nalgunha daquelas noites europeas como as da Juventus, Benfica, Slovan de Praga, Liverpool ou Ajax, […]

Onte 1452: Manuel Rodríguez Alonso

Faleceu Manuel Rodríguez Alonso, un obreiro das Letras Galegas do noso tempo. Un cancro fulminouno en apenas mes e medio. Foise coa mesma discreción coa que traballou arreo como profesor de instituto e da UNED, como lingüista, como editor, como crítico e, sobre todo, como lector privilexiado da literatura galega actual. Tremenda perda para a […]

Onte 1451: «B» de Bárcenas

B é a dramatización da declaración literal de Luis Barcenas diante do xuíz Ruf da Audiencia Nacional o 15 de xullo de 2013. Unha adaptación cinematográfica da obra teatral Ruz-Bárcenas de Jordi Casanovas, situada na fronteira entre o documental e a ficción. Película política, con inequívoca vocación de intervención, B desvela o financiamento ilegal do Partido Popular, […]

Onte 1450: Astérix. O papiro do César

Coñecéronse onte as dúas primeiras viñetas de Astérix. O papiro do César, a trixésima sexta aventura desta serie memorable de banda deseñada, que estará dispoñible nas librarías de todo o mundo a partir do vindeiro 22 de outubro. A novidade de onte foi a presentación dun novo personaxe, Bonus Promocionus, un malvado asesor de Xulio […]

Ano Internacional da Luz

No artigo da semana no Faro de Vigo, a partir dun xantar co doutor Tomás Camacho, reflexiono sobre a celebración de 2015 como Ano Internacional da Luz. A pasada semana coincidín nun xantar co doutor Tomás Camacho García, o director médico do Laboratorio Lema e Bandín da rúa Lepanto. Toxicólogo clínico, colaborador da NASA no […]

Onte 1449: Carmen Balcells

Todos os medios choran o pasamento de Carmen Balcells, a axente literaria que dende os anos setenta modernizou a edición literaria en España. Mais alá da súa relación maternal cos seus autores e autoras, unha nómina extraordinaria que vai moito máis alá do chamado »boom latinoamericano», Balcells deixa como grande herdanza o seu modelo de […]

Onte 1448: O galego Gómez Noya

Javier Gómez Noya proclamouse onte en Chicago campión do mundo de triatlón, converténdose cos seus cinco campionatos no mellor deportista de todos os tempos nesta durísima disciplina. Como era previsible, a maioría das informacións publicadas en medios madrileños, dende ABC ao Público, baseadas na nota de EFE, salientaron o carácter «español» do deportista, substituíndo a súa condición […]