Entradas por bretemas

Onte 1518: Os Xerais no Ateneo

As perdas da fin de semana adiaron a reseña do que foron as presentacións nas que participamos esta fin de semana. No serán do vernres celebramos da man do Ateneo de Pontevedra a presentación dos tres premios Xerais coa participación dos membros dos tres xurados. Unha sesión literaria excelente na que escoitamos seis intervecións moi […]

Onte 1517: Pepe Chao, pensador irimego

Cando comezabamos onte a presentación da novela de Rivas souben do falecemento de Xosé Chao Rego, o pensador irimego. Outra perda, á que engadimos a da Esperanza Guisán, a miña profesora de Filosofía e Ética, nunha fin de semana que nos enfronta coa finitude. Tiven a fortuna de editar varios libro de Chao, con quen amiguei a […]

Onte 1515: «O último día de Terranova» en Lume

Iniciamos onte na Libraría Lume da Coruña a que será unha longa xira de varios meses de presentacións da novela de Manuel Rivas pola xeografía galega da libraría, onde o factor humano da presenza agarimosa e o consello do libreiro e da libreira confire un valor engadido ao encontro da lectora co libro e coa seu autor ou autora. […]

Onte 1514: Aniversario de «Galicia Ciencia»

Galicia Ciencia, o portal de divulgación da ciencia galega en galego, celebra o seu segundo aniversario cunha interesantísima entrevista con Ángel Carracedo, un dos nosos científicos máis recoñecidos no mundo. O éxito de Galicia Ciencia, que recibe máis de cen mil vistas ao mes, sendo unha das webs con máis audiencia en Galicia, demostra que o […]

Onte 1513: Minutos de ruído

Con motivo do 25N,Día Internacional contra a violencia de xénero, Miguel Lorente propón ao alumnado da Universidade de Granada mudar os minutos de silencio en homenaxe ás vítimas por «minutos de ruído», de palabras, de berros contra o machismo e a violencia». Fronte ao silencio e o medo imposto polos agresores, é imprescindible que a […]

Empanadillas viguesas

Ao fío da homenaxe que Pedro Feijoo realiza ás empanadillas do Carballo na súa novela Morena, perigosa e románica, no artigo da semana en Faro de Vigo reivindico a memoria das empanadillas viguesas (inevitablemente non puiden citar mais que a unha parte desa xeografía gastronómica sentimental): Nun dos capítulos iniciais de Morena, perigosa e románica, a comedia […]

Onte 1512: A despedida de Oroza

Rompía a noite cando un longo aplauso de máis dun cento de persoas despedía ao poeta Carlos Oroza no cemiterio civil de Pereiró. Uns versos recitados por Uxío Novoneyra fillo, a lembranza emocionada do amigo Xabier Romero e unhas breves palabras do alcalde Caballero abondaron para pechar un acto tan espontáneo como emocionante. Unhas horas antes na […]

Onte 1510: Presentación de Érica Esmorís e Andrea Maceiras

A presentación do serán do pasado venres na Coruña de Nena e o mar de Érica Esmorís, Premio Merlín 2015, e Europa Express de Andrea Maceiras, premio Jules Verne 2015, puxo en evidencia algunha das mudanzas máis positivas que está vivindo a lix galega. A primeira, o propio espazo onde se desenvolveu, a fermosa libraría Moito […]