Entradas por bretemas

Hipertextos 007/2019: Cousas que levan as mulleres na cabeza

Celia Torres publicaba onte no seu perfil de Twitter unha foto preciosa de Pacheco do «Mercado de roscóns» da Praza da Constitución do ano 1925. Unha fotografía que máis alá de ilustrar con elegancia a efeméride de Reis cun valioso cartaz da memoria recupera o protagonismo das mulleres que levan cousas na cabeza, un dos retratos […]

Onte 2005: Calendario de familia

A gran sorpresa do Día de Reis de onte foi o Calendario de familia que nos preparou a miña sobriña Raquel García Bragado, un dos talentos da terceira xeración. Quedamos emocionados cun retrato xa inesquecible para todos e todas. Beizóns, Raquel!

Hipertextos 006/2019: entrevista a Julián Hernández

Lin con moito interese a entrevista que Jaureguizar fixo a Julián Hernández para El Progreso. Unha peza excelente de xornalismo cultural (ese xénero que din moribundo en Galicia), que podería ser  empregada como recurso didáctico na facultade de Comunicación pola súa brevidade e capacidade de ir ao gran sobre a historia de Siniestro Total, fuxindo […]

Onte 2004: «Un día» de Son Trío, premio Celso Emilio Ferreiro

 Coincidindo co 107 aniversario do nacemento do poeta Celso Emilio Ferreiro, a Fundación CEF anunciou o ditame da segunda edición do Premio CEF a poemas musicados. Resultou gañador o tema «Un día», poema do libro Viaxe ao País dos Ananos, do grupo vigués Son Trío formado por Katerina Linke (compositora e metalófono), Su Garrido […]

Onte 2003: Brétemas 14 anos

Hai catorce anos iniciei a publicación destas Brétemas. Dende entón publiquei 5.963 anotacións das que 131 corresponden o último ano. A cifra mais baixa da xeira anual, á que non foi allea o desánimo sofrido tras o abandono da dirección de Xerais no mes de abril como tamén unha evidente fatiga dixital provocada polo ruído […]

Hipertextos 003/2019: ano da Táboa Periódica

Moléculas en galego lembra no seu perfil de Twitter que 2019 é o Ano Internacional da Táboa Periódica e que por ventura en galego tamén podemos nomear os elementos químicos. Unha celebración adoptada pola UNESCO con motivo da creación da táboa hai 150 anos por Mendeleiev, cando se coñecían apenas 63 elementos. A dimensión galega […]

Hipertextos 002/2019: lectura no metro

Txetxu Barandiarán publica no seu perfil de FB esta fotografía preguntando cales son os formatos polos que aposta a infancia en Londres. E abofé que nesta instantánea recente chama moito a atención tanto a voracidade lectora da rapazada nun entorno urbano como o feito de que non aparezan pantallas por ningures. Polo significativo protagonismo das crianzas a […]