Entradas por bretemas

Onte 2062: Fervenzas Literarias 2019

Coñecimos onte o ditame dos Fervenzas Literarias 2019 aos mellores libros do ano.  Un premio outorgado polo lectorado  que dende hai trece anos recoñece tanto os libros preferidos en galego nos diversos xéneros como o traballo das persoas das diversas instancias do noso sistema editorial. Un premio que sinala as tendencias de popularidade das novidades literarias, sexa […]

Do hectógrafo ao encerado dixital

Na RGE 75 de Nova Escola Galega (moitos parabéns por estas tres décadas longas da publicación educativa máis veterana en lingua galega) publico un artigo sobre a mudanza dos materiais escolares utilizados nas últimas catro décadas. Un exercicio de memoria da renovación pedagógica en Galicia e tamén unha reflexión prospectiva que agardo contribúa a un debate […]

Onte 2061: «Conta Comigo» de Miguel Tanco

Un dos libros que me chamou a atención no pasado Culturgal foi Conta Comigo (Bululú 2019), un álbum escrito e ilustrado polo estremeño Miguel Tanco. Protagonizado por unha rapaza que adora as matemáticas e olla o mundo a través delas, propón unha viaxe para atopalas en todos os recantos da cidade: nas formas xeométricas dos […]

Onte 2060: «Dez gatiñas viaxeiras» de Eva Mejuto e Víctor Rivas

Cando se xuntan os talentos de Eva Mejuto, unha experta en álbum ilustrado (velaí os seus xa clásicos como Maruxa), e de Víctor Rivas, un dos ilustradores galegos internacionais máis agudos, non é estraño que ofrezan unha marabilla como Dez gatiñas viaxeiras (Xerais 2019). Utilizando a estrutura dun conto tradicional acumulativo decrecente e textos rimados, […]

Onte 2059: «A araña que lles tiña medo ás arañas»

O editor de Xerais Ramón Domínguez Veiga é un dos escritores para álbum infantil máis orixinais que coñezo. Tras o seu impresionante debut con Violeta quere ser vampiro. Conto de Samaín (Xerais 2017) e con É tempo de Entroido (Xerais 2018), ambos os dous ilustrados por David Sierra, desprega todo o seu enxeño e humor […]

Onte 2058: As acuarelas de Vigo de Eduardo Baamonde

O pintor Eduardo Baamonde continúa desenvolvendo un dos proxectos máis singulares na actual edición galega, a dos cadernos de viaxe das cidades e vilas galegas. Editados por Almacéns de Fábula e impresos con agarimo na imprenta Lar de Viveiro, Baamonde leva publicados sete volumes apaisados de coidada encadernación acartonada nos que fai un percorrido en […]

Onte 2057: As miñas vinte de «Vinte»

Publicouse onte en Vinte a extraordinaria reportaxe de María Yáñez e Berta Dávila sobre as listas das vinte mellores obras da literatura galega de ficción publicadas no que vai de século XXI. Fun unha das corenta persoas convidadas a participar nunha escolla que asumín como obriga de editor xubilado e privilexio de lector apaixonado. Xaora, […]

Onte 2055: «Matria», a ollada desmitificadora de Álvaro Gago

Por fin puiden ver Matria, a curtametraxe premio do xurado en Sundance (2018), premio da Crítica de Galicia 2018 de Cine e Artes Audiovisuais, entre outros 60 galardóns, liberada na rede como agasallo de nadal de Álvaro Gago, o seu director. Unha alfaia narrativa de vinte e un minutos, tan luminosa como austera, onde se […]