Entradas por bretemas

«A vinganza dos homes bos»

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á publicación da terceira novela de Manuel Esteban, A vinganza dos homes bos: A vinganza dos homes bos (Xerais 2020), a novela de Manuel Esteban (Vigo 1971), mantense durante todo o verán como o libro galego máis vendido tanto na táboa publicada cada sábado en Faro […]

Onte 2086: «Wolfram», a nova banda deseñada de Alberto Varela Ferreiro

 Unha das noticias máis esperanzadoras da edición galega actual é a publicación normalizada de libros de banda deseñada nos catálogos das editoras xeralistas. Velaí o caso destacado de Xerais que neste verán, ademais dos dous primeiros volumes da magnífica serie «Lendas do recreo» de El Hematocrítico e Albert Monteys, publica Wolfram. espías, nazis e maquis […]

Búrbida e Turonio, as orixes de Vigo

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a recomendar o libro Búrbida. As orixes de Vigo (Toxosoutos, 2020) do arqueólogo vigués Manuel Santos-Estévez: A pasada semana citabamos Burbida como o nome do Vigo da época romana. Unha mención que tirabamos dos textos de Manuel Santos-Estévez (Vigo, 1968), investigador no Laboratorio de Paisagens, Património […]

Vigo romano, berce do albariño

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao descubrimento de sementes arqueolóxicas de uva alabarda nas escavacións de salinas romanas en Vigo: Os rigores da pandemia fixeron pasar desapercibida a comunicación dos resultados dunha investigación que identificou en Vigo os primeiros indicios de uva albariña. Unha noticia relevante para a historia e a […]

Entropía electoral

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á convocatoria electoral do 12X: Nunha convocatoria electoral que non vai ser allea nin ao distanciamento social esixido pola Covid-19 nin ao confinamento durante só cinco días da comarca da Mariña, seguín con interese as respostas ao cuestionario «La cara íntima del candidato» publicado nestes días […]

Na noite de San Xoán

Dedico o artigo semanal en Faro de Vigo á noite de San Xoán Como xa sucedera hai uns días coas festas da Coca e do Corpus en Redondela e Ponteareas, que celebran a tradición medieval dos gremios e cadansúas danzas e alfombras florais, neste ano tan minguadas e cativas pola distancia social esixida para combater […]