Entrevista a Carmen Balcells
Un bo amigo, que nestes días anda en viaxe, fíxome chegar a que di ser a segunda entrevista que lle fixeron a Carmen Balcells. Apabullante a grande señora. Recomendo a lectura vivamente. Etiquetas: Balcells, Entrevistas
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
Un bo amigo, que nestes días anda en viaxe, fíxome chegar a que di ser a segunda entrevista que lle fixeron a Carmen Balcells. Apabullante a grande señora. Recomendo a lectura vivamente. Etiquetas: Balcells, Entrevistas
Juan preparou un novo wiqui para realizar as achegas sobre o esquema acordado no Encontro Blogs e Libros. Ábrese así un espazo de traballo colaborativo aberto a todos os que queiran facer as súas achegas. Eis un modelo de escritura en rede.Vídeo sobre o Encontro. Grazas, Pablo! Etiquetas: Blogs, Libros
Despois do éxito do pasado ano, estamos ultimando o programa do que será o IIIº Simposio “O Libro e a Lectura” (16 e 17 de novembro de 2006), organizado en Compostela pola AGE en colaboración con CEDRO e a sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega.O encontro de 2006, aberto […]
Hoxe chegaron da imprenta os dez primeiros exemplares.A vindeira semana estará nas librarías. Etiquetas: Ameixeiras, PremioXerais, Narrativa
Demoledor e lucidísimo o artigo de Suso de Toro, hoxe en El Pais, sobre “a nosa enfermiza relación co pasado”. Non hai dúbida, como afirma Suso no texto, de que “cando o camiño da escrita literaria vai ata o límite provoca dor, sobre todo a quen escribe”. Etiquetas: SusodeToro
Onte comezamos a tempada das presentacións coas de Pepa A Loba, a última novela de Carlos G. Reigosa (ilustrada por Miguelanxo Prado) e coa do primeiro título da nova serie de “Estudos Literarios”. Ademais do autor, interviron no acto a profesora Dolores Vilavedra e Ramón Villares, actual presidente do Consello de Cultura Galega.Dolores Vilavedra, que […]
O nacemento do DILVE (Distribuidor do Libro Español en Venda) é unha noticia esperanzadora. Esta é unha ferramenta informática, baseada en Internet e na tecnoloxía ONIX for Books, que permitirá intercambiar información bibliográfica (tanto comercial como promocional) entre todos os integrantes da cadea de valor da industria do libro (editores, libreiros, distribuidores, bibliotecarios, webs de […]
Por fin chegou da imprenta Portugalizar, o curso de portugués para galegofalantes do que falamos aquí en diversas ocasións. Agardo que estea nas librarías nos próximos dez días. Transcribo o texto de presentación que preparamos para dalo a coñecer:“Como o seu propio subtítulo indica, Portugalizar é un manual práctico de portugués, preparado por Elisabete Pais […]
Aínda que os datos proporcionados polos estudos do mercado interior do libro non semellan de todo fiables, atrevinme a seguir fedellando nos informes publicados para comprobar a evolución das vendas nos últimos cinco anos (de 2001 a 2005) e tratar de identificar as tendencias en cada un dos tres tipos de edición con maior aceptación […]
Preparamos a aparición dun novo monllo de novidades do outono literario, que iremos anunciando e ofrecendo adiantos de lectura en aberto. En apenas dez días estará nos anaqueis das librarías galegas o novo libro de relatos de Samuel Solleiro. O texto de contracuberta é o seguinte:“A intención argumental de dz ou o libro do esperma […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
