Tres segundos de memoria
Hoxe chegaron da imprenta os dez primeiros exemplares.A vindeira semana estará nas librarías. Etiquetas: Ameixeiras, PremioXerais, Narrativa
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6838 entries already.
Hoxe chegaron da imprenta os dez primeiros exemplares.A vindeira semana estará nas librarías. Etiquetas: Ameixeiras, PremioXerais, Narrativa
Demoledor e lucidísimo o artigo de Suso de Toro, hoxe en El Pais, sobre “a nosa enfermiza relación co pasado”. Non hai dúbida, como afirma Suso no texto, de que “cando o camiño da escrita literaria vai ata o límite provoca dor, sobre todo a quen escribe”. Etiquetas: SusodeToro
Onte comezamos a tempada das presentacións coas de Pepa A Loba, a última novela de Carlos G. Reigosa (ilustrada por Miguelanxo Prado) e coa do primeiro título da nova serie de “Estudos Literarios”. Ademais do autor, interviron no acto a profesora Dolores Vilavedra e Ramón Villares, actual presidente do Consello de Cultura Galega.Dolores Vilavedra, que […]
O nacemento do DILVE (Distribuidor do Libro Español en Venda) é unha noticia esperanzadora. Esta é unha ferramenta informática, baseada en Internet e na tecnoloxía ONIX for Books, que permitirá intercambiar información bibliográfica (tanto comercial como promocional) entre todos os integrantes da cadea de valor da industria do libro (editores, libreiros, distribuidores, bibliotecarios, webs de […]
Por fin chegou da imprenta Portugalizar, o curso de portugués para galegofalantes do que falamos aquí en diversas ocasións. Agardo que estea nas librarías nos próximos dez días. Transcribo o texto de presentación que preparamos para dalo a coñecer:“Como o seu propio subtítulo indica, Portugalizar é un manual práctico de portugués, preparado por Elisabete Pais […]
Aínda que os datos proporcionados polos estudos do mercado interior do libro non semellan de todo fiables, atrevinme a seguir fedellando nos informes publicados para comprobar a evolución das vendas nos últimos cinco anos (de 2001 a 2005) e tratar de identificar as tendencias en cada un dos tres tipos de edición con maior aceptación […]
Preparamos a aparición dun novo monllo de novidades do outono literario, que iremos anunciando e ofrecendo adiantos de lectura en aberto. En apenas dez días estará nos anaqueis das librarías galegas o novo libro de relatos de Samuel Solleiro. O texto de contracuberta é o seguinte:“A intención argumental de dz ou o libro do esperma […]
Dous comentarios do post de onte fan referencia a aspectos relacionados coa comercialización do libro editado en Galicia. Comparando os datos do estudo de 2005 cos do ano anterior atopamos algúns datos que non nos cadran. U-los erros dos investigadores? As libraríasEn 2005, as súas vendas supuxeron o 64,2 % (14,5 millóns de €), mentres […]
Os estudos anuais sobre Comercio Interior do libro proporcionan profusión de datos (declarados por cada un dos editores) suficientes para perfilar un diagnóstico sobre o estado do sector.O máis recente estudo (o de 2005, publicado hai só unhas semanas), despois de traballar os datos referidos ao sector privado galego (sobre un universo dunha enquisa realizada […]
Cada domingo Marcos Valcárcel publica no suplemento Lecer de Galicia hoxe unha nova entrega dunha serie de artigos interesantísima titulada “Cen anos de historia cultural“. Hoxe aborda o ano 1936 deténdose na represión sobre as xentes do mundo da cultura. Pola súa relevancia recollo o parágrafo máis significativo: “A finais de xullo, derrotada a resistencia […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
