"Rúa Carbón" finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2006

Onte deuse a coñecer o fallo do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2006. O que desgrazadamente non aparece en medio impreso ningún (ou eu non o vin) é que na acta do xurado aparece como finalista Rúa Carbón, a novela de Marilar Aleixandre (un feito que nunca sucedera no premio). Polo que sabemos a última votación entre as dúas obras finalistas foi axustadísima (5-4). Outra vez comprobamos que a fronteira para acceder ás portas da gloria sempre é ben estreita.
5 comentarios
  1. Martin Pawley
    Martin Pawley Dice:

    O que non entendo é o “secretismo” do ministerio: por que non se anuncian publicamente na web cales son as obras consideradas polo xurado para o premio, polo menos as que chegan ás votacións finais?

    Xa sabe vostede que a novela de Marilar (calquera, a verdade, pero esa en especial) paréceme que non resiste unha análise seria; agora ben, o perfil do gañador non me inspira moitas garantías. Claro que dun xurado que ten dentro a Antonio Mingote pouco se pode agardar…

    E estea vostede tranquilo, que o ano que vén o Premio Nacional é de Xerais. Sabe a quen me refiro, non si?

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    concordo con o anterior comentario, me parece rarísimo que unha escrita da sra. alexandre chegue as portas da gloria.Hay xente que o merecería mais.
    E lembremos que as creacions mais fermosas, como as xoias, permañecen ocultas, ou caen na invisibilidade. O resto é marketing..

  3. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Veño de ler unha desas xoias ocultas e invisibles non sei ben por qué. Atopeina nunha biblioteca municipal, alí, agochadiña, titúlase “Flor de Xiz” Despois de lela, o aroma do xiz que dibuxa esa flor, non se me esquecerá xamáis.

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Pero que premian?
    Sabemos que a calidade literaria non.
    Deberiamos facer publicos os verdadeiros motivos. O que implicitamente todos sabemos.
    Que premiou o Xerais?
    A aposta por un protoescritor sen talento?
    A peregrina idea de copar o mercado con mais lixo?
    Os premios xa cumprirón a súa función, bastante negativa para a literatura galega por certo.
    Non son xa un criterio.
    E de promocións vai estando un xa moi farto.
    Reborda por todas partes.

Los comentarios están desactivados.