1
comentario
Los comentarios están desactivados.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Aeroporto de Budiño25 de Marzo de 2025 - 9:35 p.m.
- Educación lenta20 de Marzo de 2025 - 5:42 p.m.
- Cidade e espazo público18 de Marzo de 2025 - 1:32 p.m.
- Audiolibros12 de Marzo de 2025 - 9:27 a.m.
- Carlos Núñez «le vieux»11 de Marzo de 2025 - 7:38 a.m.
Cando o BNG-UPG e o nacionalismo é o filtro politico exclusivo co que se olla para o mundo, o pensamento pode volverse perverso e as figuras que transitan pola terra adquirir unha dimensión que, posiblemente, só teñan cando se esgotan eses marcos.
Por máis que o intento non acabo de ver unha especial “talla intelectual” en Beiras, a non ser que o ermo cultural do nacionalismo sexa tan fondo que saliente a aquel que presenta unha imaxe e un falar asociable á altura intelectual. A súa obra escrita (que outra podemos analisar que nos dea referencias?) é escasa, moi espallada no tempo e en boa parte coxuntural. Dende logo lonxe -se a situasemos, con esforzo, na órbita do marxismo- do rigor doutros autores galegos que -curiosamente- non se atopan case nunca nas referencias da “intelectualidade” nacionalista de esquerdas en Galicia, nin no propio Beiras, como pode ser o vigués Felipe Martínez Marzoa.
Teño a sensación de que politicamente orfos como estamos dende hai varias décadas, necesitamos fabricar os nosos mitos: mitos de dereitas ou de centro nos vellos galeguistas e mitos “radicais” de guedellas brancas e verbo aceso. Tamén teño a sensación de que malamente basearemos unha propoposta política de esquerdas tomando como referencia a historia do BNG-UPG, inzada, especialmente de cadavres ou malferidos (como agora lle tocou a Beiras) na cuneta.
A memoria, Marcos, é feble.
Pero se cadra o que manifesto é só un fondo descoñecemento da vida e obra de Beiras fóra dos círculos iniciados e nel apoio as miñas palabras.