Entradas por bretemas

Música, tamén en galego

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo aos festivais musicais de verán en Vigo: Coincidindo co 75 aniversario do primeiro concerto ao aire libre en Castrelos ­–unha actuación do Orfeón donostiarra, que se anticipou unha década a aquel 13 de xullo de 1957 no que o Auditorio de Castrelos se estreou cunha representación […]

Baixas emisións

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a reclamar unha política de baixas emisións para Vigo: Dous espazos naturais de encontro e convivencia dentro da cidade de Vigo emiten estes días o seu mayday, ameazados de desaparición. Refírome ao Parque García Picher, no corazón industrial da beiramar, situado entre as factorías de Barreras […]

Onte 2151: Por unha crianza con empatía

Non constitúe sorpresa ningunha que o noso admirado Miguel López El Hematocrítico publicase por fin o seu primeiro libro de ensaio, ¡Escúchalos! Por una crianza con empatía (Paidós, 2022), un vibrante e razoado manifesto en defensa dunha educación lenta e responsable, centrada na escoita, na paciencia e no acompañamento. Superando as rixideces e precariedades das […]

O «Vigo noir» no Vigo literario

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao chamado «Vigo noir» dentro do Vigo literario: Na emocionante homenaxe que o Club Faro de Vigo tributou a Domingo Villar, ademais de salientarse a dimensión humana e os valores éticos do escritor vigués, destacouse o seu papel decisivo na ampliación do territorio do «Vigo literario», […]