Entradas por bretemas

A lección dunha nativa dixital

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/7_zzPBbXjWs” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Traballando hoxe na clase do «Mestrado de edición» sobre o tema do tránsito á edición e cultura dixital, a providencia laica agasallounos esta lección a editores, bilibotecarios e libreiros dunha nativa dixital. Non nos importa moito que se trate dunha peza de ficción. Ola, o meu nome é Abbey […]

A promoción editorial en Internet

Esta tarde retomamos as sesións do «Mestrado en Edición», unha experiencia docente que nos está axudando a sistematizar a reflexión sobre o noso traballo. Dedicaremos á promoción editorial en Internet a primeira sesión. Aquí deixamos en pdf os apuntes que elaboramos e utilizaremos en clase. Ademais, recomendaremos o traballo sobre o magnífico documento de Anatomía […]

Un pacto polo porto

No artigo da semana de Faro de Vigo analizo a situación precaria do porto de Vigo e a descarada utilización política da presidencia da Autoridade Portuaria por parte de populares e socialistas. Propoño un grande pacto que faga posible transformar o de Vigo nun novo porto moderno, ecoloxicamente sostible e aberto á cidade.

Unha curiosidade interminable

«A única ferramenta indispensable do editor é a súa cabeza, mais cómpre que estea ben disposta, e iso non se consegue só con literatura, senón cunha curiosidade interminable.» Estas palabras corresponden a un traballo («Breves apuntes para editores») da nosa admirada Andrea Palet, a xove editora chilena responsable de Edicións B no país austral, azoutado […]

Unha tarde con Xynthia

A imaxe corresponde ás 13.37 horas. Hoxe tiña unha xornada moi completiña en Compostela con dúas xuntanzas profesionais pola mañá, un xantar de amizade e outra xuntanza pola tarde. Por mor do Xynthya cancelamos todos os compromisos e quedamos na casiña a ler e adiantar outros traballos. Polo momento, sobre a ría de Vigo o […]

26945?

Estou moi intrigado polo significado destas pintadas e carteis presentes por todo Vigo. Polo que puiden comprobar en twitter e facebook as explicacións que se ofrecen son moi distintas, aínda que podería ser unha estratexia publicitaria cunha data marcada. Sexa o que fose, paréceme un despropósito a realización das pintadas sobre edificios e espazos protexidos.

Rosa Díez e o sentido «más peyorativo de la palabra»

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/7_2CrYs0VY4″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Semella incrible pero isto sucedeu na entrevista que Iñaki Gabilondo fixo no seu programa a Rosa Díez: –Gabilondo: defíname a Zapatero. –Rosa Díez: podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra (sic) –Gabilondo: y Rajoy ? –Rosa Díez: es gallego. Pode escoitarse tan semellante disparate no […]