Rosa Díez e o sentido «más peyorativo de la palabra»

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/7_2CrYs0VY4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Semella incrible pero isto sucedeu na entrevista que Iñaki Gabilondo fixo no seu programa a Rosa Díez:

–Gabilondo: defíname a Zapatero.

–Rosa Díez: podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra (sic)

–Gabilondo: y Rajoy ?

–Rosa Díez: es gallego.

Pode escoitarse tan semellante disparate no minuto 5 desta gravación. Non hai dúbida ningunha que para esta deputada, «galego» é un adxectivo cunha sutil connotación negativa. Os responsables e simpatizantes do seu partido en Galicia algo deberían dicir. Nós só podemos expresar a nosa maior repulsa por semellantes declaracións. Quen dixo que o berluconismo non chegou á política española? Velaí temos a RD.

25 comentarios
  1. Edu
    Edu Dice:

    E dende cando a demagoxia populista é un “novo fenómeno político”. Ah, que a cor corporativa é o fucsia, por aí vai o da novidade…

  2. folerpa
    folerpa Dice:

    Leva razón Mourullo, desa populista conversa non me sorprende nadiña, pero a indiferenza do pater Gabilondo é noxenta e intolerable.

  3. para o chorradas
    para o chorradas Dice:

    Para A.C.
    Pois nada tío, a ver cando quedamos que teño apetencia de chamarte parvo na cara. Supoño que non te importará moito, total é unha chorrada

  4. Arturo
    Arturo Dice:

    Coincido con Mourullo e Folerpa en que é tamén digna de análise a falta de reacción do entrevistador. En dous sentidos: un é o evidente, a utilización dun estereotipo e dunha imaxe lesiva para (digámolo así) unha parte da audiencia; o outro desasosega algo máis, pois nunha conversa de intervencións tan breves daría tempo para indicar que non se entende a resposta. De feito, eu non estou seguro de entender cal é o sentido máis pexorativo que no castelán poida ter este adxectivo. Intúoo, pero non teño certeza. E Gabilondo é moi probábel que teña menos ca min, polo que debeu solicitar precisión, sobre todo cando de catro preguntas formuladas para dúas, a metade, Díez deu por transparente a súa resposta. Modestamente, e sen saber moito de psicanálise, a esta señora debeu de ocorrerlle algo nalgún momento cun galego ou cunha galega. Algo serio (non necesariamente de orde sexual). Con todo, pode que si. Porque debe observarse que á cuarta pregunta Díez contesta como se fose galega, no sentido máis pexorativo do termo. Pregúntalle Gabilondo polo Rei e ela -galega coma nós- nin baixa nin sobe, fica alí no medio, no silencio indeciso e acaba dicindo textualmente (traduzo) “por unha parte xa ves… e por outra que queres que che diga…”. Entón, amig*s, creo que en Díez temos un caso para a clínica da personalidade. Que clase de trastorno? Unha paranoia? Un novo Zelig? Haberá que seguir co estudo.

  5. A.C
    A.C Dice:

    Como vos poñedessss. Para o meu modesto entender e ca miña modesta ortografia “desleixica” (o galego o aprendin na casa non na escola, sinto non estar a altura) . Me escandaliza mais k boten a 700 traballadores de Citroen a puta calle, ou a os 500 de sikes, ou k sigamos nunha recesion k mete medo.K un amigo meu da infancia esté sin traballo co k poder dar de comer a os fillos, e teña k emigrar a Bilbao. K igual non me xubilo na vida.E todas esas “pekenas cousas” sin importancia do meu dia a dia. O k diga esa señora? “ma refanfinfla”, os politicos teneñ o pan asegurado eu non. Ah, as faltas a o respeto sobran, eu non lle falto a nadie.saudos a todos

  6. Antón
    Antón Dice:

    A.C., pero que dis de faltas de respeito? non son tal, son unha chorrada oh!.
    non, en serio… O que ti comentas é verdade, máis terías que analisar que cecáis se estamos así é por permitiren “chorradas” coma as que non te alporizan…

  7. A.C
    A.C Dice:

    Cecais sexa asi anton e teñas razon.¿Pero k se espera dos politicos? Tanto nos meten en guerras como en crisis, como un dia nos din unha cousa e a o dia siguinte a contraria. Ou sera k xa me teñen moi keimado, o será k vou vello, ou xa non sei. E vou cear k maña as 5.30 en pe para ir traballar. Saudos

  8. Antón
    Antón Dice:

    para A.C.
    Eu tamén vou vello e xa nen queimo; son chamizo… malia que sempre hei de gardar unha muxica de mala hostia arroutada. Desculpa as posibles faltadas.
    Eu non teño nen que madrugar, levo sen traballo vai para un ano.
    Que aproveite a cea compañeiro, e saúde

  9. Curiosa
    Curiosa Dice:

    Non teño palabras..! Estou moi impresionada polo baixo nivel dos políticos deste país. Cada día van a peor. Que nos queda por aguantar? Así é que non me estraña nada que a rapazada diga: “Eu paso da política”. O único que se ve é o tremendo desprezo que sinten pola xente, que sinten por todos nós. Sinto vergoña allea.

  10. ak
    ak Dice:

    mmm…

    en el sentido más peyorativo…

    De dizer “en el sentido peyorativo” entendería que “gallego”, tem umha acepçom “peyorativa”, mas, ao incluíres o advérbio “más”, entendo que para ela existem vários “sentidos peyorativos” de galego, e que para definires a Zapatero emprega o superlativo “peyorativo” do gentilício ao que estou adscrito.

    Un saludo a la fulana ésta, en el sentido más peyorativo de la palabra, que tanto nos quiere.

  11. Marcos Andión
    Marcos Andión Dice:

    Lo de Rosa Díez no es más que el reflejo de su ignorancia y de su incapacidad para comprender la realidad. Mira que llamarle traidor a Feijóo por no haber sepultado el gallego. Arrasta, la pobre, un trauma tremendo derivado, probablemente, de lo poco euskaldún de su apellido, además de una incosistencia conceptural digna de un protozoo y que, unida a su memoria de pez, le impide recordar que hace años promovió una demanda contra el dibujante Mingote porque consideró que una viñeta suya (criticando un atentado de ETA) era vejatoria para los vascos.
    Al igual que a Gloria Lago, lo que les horroriza es que sus hijos puedan llegar a expresarse en idiomas que considera inferiores, como el gallego, el euskera o el catalán. Flaco favor le hace a su concepto de España con idioteces como la comentada.

  12. Retranca
    Retranca Dice:

    RETRANCA CREA UN NOVO XÉNERO DE CHISTE. OS CHISTES DE ROSA DÍEZ!!!

    Mándádenos os vosos chistes de Rosa Díez e irémolos publicando na nosa web. Os máis divertidos sairán no nº 25 da revista Retranca no mes de abril.
    Por exemplo este : Estaba Rosa Díez un día tomando algo cun coñecido nun bareto de Madrid e lle di:
    Rosa Díez: –Voy a contarte un chiste de gallegos buenísimo.
    Galego: – Oes, recórdoche que eu son galego.
    Rosa Díez: –No te preocupes, hombre… ¡Te lo explico depués!

    WEB DE RETRANCA:
    http://revistaretranca.blogspot.com/2010/02/retranca-presenta-os-chistes-de-rosa.html

    ÚNETE ADEMÁIS AO NOSO CLUBE EN FACEBOOK:
    http://www.facebook.com/KIKODASILVA#!/group.php?gid=332545492961&ref=mf

    Saúdos retranqueiros
    A SANTA COMPAÑA.

  13. francisco javier fuentes corujo
    francisco javier fuentes corujo Dice:

    perdonade la miña forma de escrivir o galego, eu sou catalan de familia galega, o sea galiza es la miña terra tabien, non se falar y escribir ben o galego, pero lo intento, he esta “señora” se le esta llendo la olla, para mi es un orgullo ser de sangre galega.

Trackbacks y pingbacks

  1. […] se comeza a falar por ahí do tema. O que realmente me pregunto é o que opinarán esas 9776 galegos persoas que […]

Los comentarios están desactivados.