Entradas por bretemas

«Lois Pereiro. Breve encontro», adianto da novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano

Coincidindo coa celebración do 17 de maio, dende o blog de Xerais adiantamos hoxe 24 páxinas de Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta, novela gráfica da que é autor Jacobo Fernández Serrano. Tras un demorado traballo de documentación, Jacobo ofrece un volume de 160 páxinas nas que percorre […]

Memoria de Cabral

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a recomendar o libro Cabral. Olladas do pasado de Xosé Manuel Álvarez Estévez. En numerosas ocasións temos salientado libros que contribúen ao proceso de construción da memoria histórica viguesa. Desta volta celebramos a publicación de Cabral. Olladas do pasado, un coidado volume de Xosé Manuel Álvarez […]

Campo do Fragoso CVII

CINCO EN LIÑA Paco Herrera encomendouse á “solución Lotina”, dispoñer a cinco defensas en liña, tres centrais e dous laterais con vontade atacante, para atallar a hemorraxia de derrotas que padece o Celta en Balaídos dende comezos do mes de marzo. Unha solución ensaiada con certo éxito en Salamanca no partido de entre semana e […]

O futuro do Castro

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da publicación do libro de Jaime Garrido, El origen de Vigo. El monte de O Castro y su castillo (Deputación Provincial de Pontevedra 2011), propoño a redacción dun plan director do monte do Castro que preserve o seu patrimoio arquitectónico e natural. Cando queremos fachendear […]

Campo do Fragoso CVI

GROGGY Abondaron apenas vinte e cinco minutos para que o Celta quedase groggy fronte un Girona que viña a Balaídos coa intención de achegarse aos cincuentas puntos que lle asegurasen a continuidade na categoría a vindeira tempada. Un campo que os cataláns sabían moi asequible para acadar este obxectivo xa que o equipo de Paco […]

«Non hai noite tan longa», a nova novela de Agustín

Onte anunciamos no blog de Xerais a publicación de Non hai noite tan longa, a nova novela de Agustín Fernández Paz, ao tempo que recomendabamos baixar en pdf o seu primeiro capítulo. Non debe extrañar a ninguén que esta obra sexa publicada na colección Xerais Narrativa, unha iniciativa que como editor lle propuxen a Agustín, […]

Contaxiar optimismo para a lingua

A serie de catro vídeos preparados por Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez, membros do Servizo de Normalización Lingüística da USC,  constitúe un recurso moi valioso para contaxiar o optimismo que precisa a nosa lingua. Máis alá da súa indubidable utilidade didáctica, estas pezas son unha ferramenta cívica para desmontar prexuízos e falacias que tanto […]

Galiza co galego. Acto en Vigo

A Comisión Promotora Galiza co Galego, en colaboración coa plataforma Prolingua, organiza un acto público a prol da educación en galego que terá lugar o venres 29 de abril, en horario de 20:00 a 21:30 horas, na Casa Galega da Cultura situada na Praza da Princesa de Vigo. No acto, que será presentado por Iolanda […]