The Alphabet 2
The Alphabet 2 from n9ve on Vimeo. Un alfabeto de Alessandro Novelli (en helvética) animado, precioso. Pagan a pena eses dous minutos e medio. Do mesmo autor, eis a primeira versión. tamén magnífica. Vía Librosfera.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
The Alphabet 2 from n9ve on Vimeo. Un alfabeto de Alessandro Novelli (en helvética) animado, precioso. Pagan a pena eses dous minutos e medio. Do mesmo autor, eis a primeira versión. tamén magnífica. Vía Librosfera.
Viaxamos até Muxía para participar na presentación da novela de Rivadulla Corcón O noso amor será eterno. O salón de actos do Museo do Voluntariado, onde está instalada a impresionante exposición fotográfica permanente dos traballos del impeza do Prestige, foi un espazo ideal para desenvolver un acto onde se falou moito e ben de Muxía, […]
Mentres traballaba no envío dos convites da Cea das Letras do vindeiro 22 de outubro, na que se coñecerá o ditame dos Premios da Crítica Galicia 2011, souben da absorción do Pastor polo Banco Popular. Quedamos, así, sen o primeiro banco fundado en Galicia e sen a derredeira peza de política financeira coa que contaba […]
Co gallo do terceiro aniversario do pasamento do escritor Ramiro Fonte, o domingo 9 de outubro celebrarase en Pontedeume, vila natal do poeta, un acto literario organizado polos seus amigos. O encontro pretende converterse nunha cita anual que contribúa a manter viva a obra e a memoria dun dos autores máis senlleiros das letras galegas […]
Foi unha fachenda nosa asistir ao acto no que a Federación de Gremios de Editores entregou os premios de fomento da lectura 2010 a Julia Otero e á Biblioteca Municipal de Verín. Recoñecíase así o labor da comunicadora monfortina no seu programa «Julia en la Onda» onde as novidades editoriais e os autores teñen unha […]
Magnífico o discurso de Carlos Callón na presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos en Compostela. Con sutileza e firmeza rebatiu unha das afirmacións que con anterioridade fixera Francisco Rodríguez: «non é certo que teñamos que ser xubilados ou funcionarios para exercer os nosos dereitos lingüísticos». USAR, SOLICITAR e ESCOLLER son tres dos verbos […]
Hai apenas vinte horas que naceu. Aparvados, acariñamos a súa pelciña encarnada, agardando un seu aceno, que nos demostre que xa está aquí para petar forte. Cando me colle o furabolos coa súa man diminuta de dedos afiados, sinto a vida da súa alma, esa emoción intensa da primeira apreta, dese pulo innato que posuímos […]
Interesantísimo vídeo que recolle en formato de animación Scribing unha conferencia de Ken Robinson sobre os problemas principais da educuación contemporánea.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
