Entradas por bretemas

Onte 26: «Lo entiendo perfectamente y lo hablo a veces»

Zaira Rodríguez Pérez, membro da xunta de goberno da Deputación Provincial da Coruña, non fala galego. Cabeza do seu partido no concello de Cee confesa nunha entrevista en La Voz de Galicia que «desde que tengo uso de razón soy del PP», partido co que se sinte moi identificada. Presidenta da Comisión Informativa de Benestar […]

A desfeita das caixas

O meu artigo semanal, no que reflexiono sobre o fracaso do proceso de constitución das caixas, foi publicado onte na edición dixital de Faro de Vigo. O proceso de fusión das caixas galegas, promovido e titorizado polo Banco de España e a Xunta de Galicia, rematou con outra enorme derrota para Galicia. A diferenza de Cataluña […]

Onte 25: Paralízase a CDC

Roberto Varela recoñece que é necesario adiar sine die a finalización da Cidade da Cultura. De forma moi sensata o conselleiro asume que a prioridade do seu departamento é o mantemento das industrias culturais galegas (identificado coa conservacións dos seus empregos) e non rematar o faraónico proxecto iniciado polos gobernos de Fraga. Roberto Varela paraliza […]

Amazon aposta polo contido

A publicidade do Kindle Fire subliña o seu carácter de servizo. Amazon aposta máis pola distribución de contidos, que poden estar aloxados na nube, ca pola marxe que puidese obter pola venda dos propios aparellos. Amazon quere vender ou alugar contidos dixitais, sen pretender contar coa taboíña máis fermosa e sofisticada; unha estratexia que lle […]

Onte 23: Merenda en Madarro

Cando viaxo a Lugo para presentar no serán algunha das nosas novidades procuro chegar con media hora de antelación para tomar un café con leite, acompañado dalgunha lambetada, na Confitaría Madarro. Adquirín este costume da merenda lucense tras acompañar en varias ocasións ao profesor Alonso Montero para quen a visita ao salón de té da […]

Onte 22: CR

A intransixencia foi unha das peores doenzas da dereita española ao longo do pasado século. Lamentábao Azaña cando lembraba a facilidade coa que era insultado da forma máis groseira polos seus rivais políticos. Esa tradición do insulto a flor de pel é a que está detrás do comportamento prepotente, irrespectuoso e provocador ao que nos […]

Onte 21: a taboíña de Amazon

A presentación do Kindle Fire, a taboíña con sistema operativo Android de Amazon, amosa, outra volta máis, que a actual batalla pola creación dun modelo sostible de libro electrónico dirímese en moi boa medida entre os tres xigantes estadounidenses da distribución dos contidos dixitais de cultura e lecer, Amazon, Google e Apple. Polas informacións que […]