Entradas por bretemas

Onte 292: Universo Dragal

Presentamos en Cangas, nas instalacións de FECIMO, a última entrega da triloxía do «Universo Dragal». Toda unha proeza de Elena Gallego que en apenas dous anos publicou mil páxinas trepidantes cheas de sorpresas, segredos, poderes e alquimias enfiadas por unha trama engaiolante de realismo fantástico. Con todo, o máis interesante da triloxía é a iconografía […]

[Agustín Fernández Paz, entrevista de Alberto Ramos en «Dioivo», 25-06-2012]

Se colectivamente non temos unión, acabaremos sendo invisibles.

Onte 291: Castelao na Unión Soviética

Presentamos Castelao na Unión Soviética en 1938, o libro no que don Xesús Alonso Montero defende o filocomunismo e prosovietismo de Castelao durante a Guerra Civil. Como xa é adoito nas súas presentacións, o Profesor ditou unha conferencia sobre os principais contidos do libro. Comezou relatando a viaxe que realizou o rianxeiro, acompañado da súa dona […]

[Alfonso Paz-Andrade na presentación de «Castelao na Unión Soviética en 1938», 25 de xuño de 2012]

Os libros son a creación máis egrexa que fixo a humanidade. Os libros son a soá dunha cultura que ha ser modulada pola lingua.

Un Son

Excelente peza creada en «stop motion» por un equipo de alumnas de 3º de ESO do Colexio Andersen de Vigo. Un modélico proxecto de educación musical e de posta en valor da lingua galega. Merece ser divulgada. Parabéns.

Onte 290: #ForzaLugo

Tras vinte anos o C.D. Lugo regresa a Segunda División A. Despois dun partido épico fronte a un rival durísimo, que conta cunha afección incansable, foi a grandeza emotiva dos penaltis a que certificou un ascenso que o equipo branquivermello xa debeu acadar por calidade de xogo a pasada tempada. O do Lugo de Quique […]

[Ángel Gabilondo, «Darse a la lectura», p.16, RBA 2012]

O verdadeiro fogar no que se le é no tempo.

Onte 289: Lume novo

Tras ver o partido do equipo de Del Bosque, compartimos coa familia en Bembrive as primeiras sardiñas do verán e o lume novo. Non deixa de ser paradóxico que o rito purificador das fogueiras, nas que queimamos o vello, o fanado, o estragado ou o gastado polo tempo, recuperen parte do seu pulo (simbólico) a […]