Entradas por bretemas

Onte 739: Un privilexio real

El-Rei será operado na clínica privada Quirón polo doutor Miguel Cabanela, eminencia galega en cirurxía de cadeira que virá expresamente dos Estados Unidos. Unha vez máis Juan Carlos renuncia a utilizar o sistema sanitario público, o que volve constituír un comportamento pouco solidario co resto da cidadanía usuaria deste servizo público esencial, alén da escasa […]

Onte 738: Premios da Crítica Galicia 2013

Anunciamos onte a composición dos xurados dos Premios da Crítica Galicia 2013 cuxo ditame se dará a coñecer o 19 de outubro no decurso dun xantar en Vigo. Os membros da Fundación escollemos un fermoso verso rosaliano de Cantares Gallegos, «Auga limpa en fresca fonte», para facer un chamamento á participación neste evento anual que […]

Onte 737: Reimprímete

Recupero a escrita no blog, tras tres días tolos de traballo en Madrid e na xornada Reimprímete, un foro de debate organizado polo Clúster do Produto Gráfico coa colaboración da Asociación Galega de Editores. Deste primeiro «Reimprímete» entusiasmoume a conferencia pronunciada por Juan Cruz, tanto polo seu espectacular fulgor narrativo relatando os seus inicios na […]

Onte 736: Sociofobia

«Ningunha tecnoloxía vainos librar da vertixe de poñérmonos de acordo.» Esta é unha das afirmacións ben atinadas da entrevista de Paula Corroto que publicaba onte Eldiario.es con César Rendueles a raíz da aparición do seu libro Sociofobia. El cambio político en la era de la utopia digital publicado por Capitán Swing. As opinións deste profesor […]

Onte 735: Unha historia literaria de referencia

Para os editores sempre é motivo de fachenda e satisfacción a chegada ás librarías de obras que consideramos de referencia, as chamadas a perdurar e a gañar importancia co paso do tempo, eses títulos que engalanan o noso catálogo durante anos e anos. Obras arriscadas para autores e editores neste tempo de tránsito da edición, […]

As coleccións das caixas

No artigo da semana en Faro de Vigo apoio a declaración das coleccións de arte das caixas galegas como Ben de Interese Cultural. Ás portas da inminente privatización de Novagalicia Banco, que probablemente será adquirido polo catalán CaixaBank ou polo fondo de capital risco estadounidense Guggenheim (a opción favorita de José María Castellano, o actual […]

Onte 734: Gómez Noya, gran campión!

Javier Gómez Noya gañou onte no Hyde Park londinese o seu terceiro campionato do mundo de Triatlón. Outra proeza heroica do triatleta ferrolán afincado en Pontevedra. Despois de recuperar na bicicleta os segundos perdidos no lago Serpentine, Javi correu durante case dez quilómetros con Jonathan Brownlee, xunto co seu irmán Alistair, un dos seus eternos e […]

Onte 733: Ryanair e os libros

Chamoume moito a atención este chío publicado onte por Mario Beramendi no que recuperaba unha noticia curiosa publicada en novembro do pasado ano por La Voz de Galicia. Unha muller foi obrigada no aeroporto de Manises a abandonar un avión de Ryanair, que ía iniciar o voo entre Valencia e Santiago, a causa de levar unha […]

Onte 732: Do Pindo ao Ézaro

Esta noite as lapas saltaron o río Xallas e se achegan á fervenza e ás casas do Ézaro. Continúa así un incendio voraz que leva calcinadas dúas mil oitocentas hectáreas, transformando nun volcán o que puido ser un parque natural. Desolador. Xa en 1995 o mestre Xaquín Marín adiantara a solución que para estes casos […]

Onte 731: Catástrofe no Monte Pindo

Tremenda catástrofe no Monte Pindo. O incendio declarado o mércores en Cima de Arca arrasou 160 hectáreas, a práctica totalidade do macizo granítico do Olimpo Celta e parte das marismas de Carnota. Así o denuncia a Asociación Monte PIndo Parque Natural que atribúe o desastre tanto as adversas condicións meteorolóxicas como «á carencia máis absoluta […]