Acerca de bretemas
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6815 entries already.
Entradas por bretemas
Onte 770: O recurso de casación da RAG no Supremo
/en Goberno Feijoo, Lingua, Onte, Política/por bretemasO comunicado de onte de Prolingua salienta a importancia da admisión por parte do Tribunal Supremo do recurso de casación presentado pola RAG sobre o decreto de plurilingüismo. Ademais de abeizoar ao equipo de xuristas que preparou o recurso da Academia e conseguiu que fose admitido (o que sabemos é moi difícil), cómpre sinalar, canto menos, […]
Onte 769: Vello Balaídos
/en Deporte, Fútbol, Onte, Vigo/por bretemasChegamos a Balaídos mollados coma pitos, dispostos a gozar dunha noite de fútbol atlántico, de moita forza e pase longo. No interior do estadio tamén chovía a cachón. As cubertas de Tribuna, Gol e Marcador apenas amparaban das bategadas á metade do aforo; a da grada de Río, construída hai apenas trinta anos, furada coma […]
Campo do Fragoso CXLIII
/en Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol/por bretemasO BARCO NAS PEDRAS Tras nove xornadas, cando non se cumpriu unha cuarta parte do campionato, Luis Enrique meteu o barco nas pedras. As cifras non poden ser máis fracas: seis puntos de vinte e sete posibles, apenas unha vitoria, tres empates e cinco derrotas; un punto dos últimos quince xogados, catro derrotas consecutivas, ningunha […]
Culturgal
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Cultura, Eventos, Premios, Promoción do libro/por bretemasNo artigo da semana en Faro de Vigo recupero a traxectoria de Culturgal recoñecida co Premio da Crítica Galicia de Iniciativas Culturais. Foi un éxito o xantar organizado o pasado sábado pola Fundación Premios da Crítica Galicia, liderada por Bieito Ledo e Antón Pulido, no que se deron a coñecer os galardóns correspondentes á produción […]
Onte 768: Xerfas de Antón Sobral
/en Artes Visuais, Beizóns, Cultura, Onte, Vigo/por bretemasNas anotacións que teño lido sobre a entrega dos Premios da Crítica Galicia apenas foi mencionada a serigrafía do pintor Antón Sobral que recibiron todos os participantes no xantar. Unha mariña na que o mestre da vida lenta volve sobre os motivos que lle son propios, os das xerfas de intensidade branca na que visualmente sentimos […]
Onte 767: Premios da Crítica Galicia 2013
/en Cultura, Eventos, Iniciativas, Onte, Vigo/por bretemasNon defraudaron os Premios da Crítica Galicia 2013. A asistencia ao xantar superou as nosas mellores expectativas e as escollas dos xurados, tanto as candidaturas finalistas coma as gañadoras, amosaron a excelencia da nosa creación e o dinamismo das nosas industrias culturais. Especial emoción producíronme os recoñementos que recibiron Transmuta, o poemario de Xabier Cordal, e Culturgal, […]
Onte 766: Cara de cospedal
/en Educación, Onte, Política, Recurso_didáctico/por bretemasDiante da excelente foto de Carlos Barajas na que aparece Dolores de Cospedal seguindo no xulgado as declaracións no plasma de Luís Bárcenas, que a acusaba de recibir dous sobres de 7.500 euros entregados por el mesmo nos despachos do partido e do Senado, os lexicógrafos acuñarán a frase «cara de cospedal» para as actualizacións futuras dos […]
Onte 765: Ser un de Nós
/en Celta de Vigo, Fútbol, Iniciativas, Onte/por bretemasSoprendeume a noticia da creación do Colectivo Nós, unha nova peña celtista que «pretende aglutinar as seareiras e seareiros con entidade galeguista».Mais o que me deixou abraiado foi que esta peña de mozos e mozas (para min absolutamente descoñecidos) presentase a súa idea apoiándose no meu artigo «Gramática do fútbol celeste», apenas unha declaración emotiva […]
Onte 764: Na Biblos de Betanzos
/en Cidades, Cómic, Librarías, Novidades, Onte, Xerais/por bretemasAcompañamos a Antonio Seijas na presentación de Cartas de inverno. Novela gráfica na Libraría Biblos de Betanzos. Foi un serán magnífico no que compartimos falares e pesares con Tucho Calvo e Carmela González, os promotores desa fantasía cultural que é Biblos. Coa apertura da libraría, o ate agora club do libro e editorial completa o seu modelo […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
O noso principiño14 de Marzo de 2026 - 6:35 a.m.
Non a guerra, pola paz e a democracia13 de Marzo de 2026 - 5:12 a.m.
Like a prayer9 de Marzo de 2026 - 6:32 a.m.
Einstein en Vigo3 de Marzo de 2026 - 8:21 a.m.
O Celta é pequeno28 de Febreiro de 2026 - 8:34 a.m.
