Entradas por bretemas

Onte 1002: Raimon

Raimon recibiu onte no Palau de la Música o Premio de Honra das Letras Catalás outorgado por Ómnium Cultural. Recoñécese así a traxectoria artística, cultural e cívica do cantante e poeta de Xátiva, destacando o seu papel como defensor da lingua catalá desde 1963, ano no que publicou en Edigsa o seu primeiro disco, o que […]

Onte 1001: Sacrificio

Feijoo decidiu na encrucillada, aínda que chama moito a atención que sacrificase ao seu conselleiro de Infraestruturas para tratar de conservar a Alcaldía de Compostela. Agustín Hernández Fernández, un dos membros do Goberno Galego con fama de mellor valorados, un marathoniano que ocupara de forma simbólica a última posición da lista municipal compostelá, deberá asumir […]

Onte 1000: Seguimos

O 9 de setembro de 2011 comezamos unha serie de anotacións co título «Onte», coas que pretendiamos recuperar a escrita hipertextual no blog. Acadamos o número 1000 deses textos diarios (apenas fallamos media ducia de días), a maior parte deles breves e en diálogo cunha imaxe significativa. A serie, xa a máís voluminosa do blog, foise conformando como […]

Onte 999: Gratitude

Nin o vento nin a chuvia puideron co entusiasmo das duascentas cincuenta participantes na cerimonia na que onte demos a coñecer o ditame dos Premios Xerais 2014. A miña primeira gratitude é para elas polo seu apoio xeneroso e fraternal, pola súa calor e ledicia contaxiosas ao longo de todo o serán, fose na velada literaria coma […]

Onte 998: Predicións

Estivemos pendentes das diversas predicións meteorolóxicas para o serán deste sábado no que daremos a coñecer na illa de San Simón o ditame dos Premios Xerais 2014. Hai moitas probabilidades que chova, coma xa sucedeu nos dous últimos anos; aínda que tamén algunhas da existencia de clariños intermitentes. En definitiva, tempo variable e incerto, como […]

Onte 997: «El jueves»

El jueves, tras décadas arriscando nas marxes dos kioscos, é a primeira vítima da renuncia de El-Rei. A súa propiedade, o grupo RBA, decidiu destruír a tirada semanal de 60.000 exemplares, nos que aparecían en portada El-Rei e o Príncipe, ademais de deixar as brincadeiras sobre a abdicación nas páxinas interiores. Unha decisión editorial que provocou na […]

Onte 996: Jogo bonito

Lin na revista do avión que o football chegou a Brasil en 1894 na equipaxe de Charles William Miller, un estudante brasileño fillo dun traballador escocés do ferrocarril de São Paulo. Trouxo dúas bólas, unha bomba para inchalas, unhas botas e un libro coas regras dun xogo que coñecera mentres estudaba en Inglaterra. Cando aquelas dúas bólas comezaron a moverse […]

Onte 995: Nova Transición

Aventuro que a proclamación express de Felipe VI, acordada polos dous partidos sistémicos e os seus asociados, suporá o inicio dunha nova Transición. A apertura dun proceso (re)constituínte será a fórmula escollida para intentar evitar a secesión catalá e para consolidar novas reformas estruturais obrigadas pola Troica. Unha reforma constitucional que non sería descartable finalizase cunha consulta popular, estratexia […]