Entradas por bretemas

Onte 1066: Volver ás librarías

Mentres continúa «a guerra mundial da edición» entre Amazon e Hachette Book Group, cuxo episodio máis recente foi a carta de novecentos autores propoñendo á distribuidora de Bezzos que retirase o seu boicot ao editor, que consideran tamén «unha represalia selectiva» sobre os autores, aparecen nos Estados Unidos iniciativas de promoción das librarías como alternativa á hexemonía […]

Onte 1065: #Lovewithoutlocks

Preocupado polo peso dos cadeados sobre as barandas do Sena, o concello de París propón aos namorados substituír os cadeados por selfies que poden subir a un páxina de internet. O que máis me gusta da iniciativa é o hastag #lovewithoutlocks, un lema para rematar coa ilusión do amor eterno, das amantes encadeadas. O amor sen cadeados […]

Ruth Matilda Anderson en Vigo

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á visita a Vigo que fixo hai noventa anos a fotógrafa Ruth Matilda Anderson. O 7 de agosto de 1924 dous pasaxeiros estadounidenses do “SS Rousillon” desembarcaron no porto de Vigo. Tras agardar a que os carabineiros inspeccionasen as caixas da súa equipaxe, Ruth Matilda Anderson e o […]

Onte 1064: Día da biblioteca en twitter

Seguín onte o Día da #biblioteca en twitter. Unha xornada na que os profesionais das bibliotecas insistiron no reto de defender o acceso á biblioteca pública como dereito da cidadanía fronte aos recortes brutais nas súas dotacións e persoal, así como fronte os efectos que sobre as bibliotecas municipais suporá o canón bibliotecario vixente dende hai apenas […]

Onte 1063: Taboleiro de lectura

A lectura é unha actividade que singulariza ao ser humano. Na lectura está o ADN que nos define fronte a outros seres vivos. Hai tempo que esa singularidade tratou de ser recollida nas artes plásticas. Son milleiros e milleiros as composicións pictóricas ou fotográficas do lector ou da lectora enfrontándose en soidade ao libro, nos […]

Onte 1062: Marisquiño

O Marisquiño convertiuse no acontecemento que convoca máis xente no verán vigués. Pouco importou este ano que o tempo non acompañase, mais era impresionante a cantidade de rapazada de aquí e tamén de acolá convocada durante a tarde e noite de onte a participar nestas actividades deportivas, musicais e de festa rachada. Ben sería que para a […]

Onte 1061: Jamie Cullum en Castrelos

Pagou a pena volver as gradas de Castrelos, un dos nosos espazos da memoria, para participar das dúas horas da jazz-session de Jamie Cullum e o seu cuarteto. Nin a choiva ameazadora, que arruinou a primeira xornada do Marisquiño, nin a humidade da bancada, estragaron un concerto no que Cullum presentou Momentum e repasou uns poucos […]

Onte 1060: Vaia Panorama!

Tras as informacións publicadas onte semella que Espectáculos Lito, o axente das famosas Panorama e París de Noia, e doutras 80 orquestras, utiliza métodos moi «agresivos» para conseguir os seus contratos. É un feito recoñecido polos responsables da empresa a súa práctica de condicionar a contratación da Panorama a contar co resto da programación festeira; como tamén semella probado, […]

1059: Un Celta de Premier

A pesar do irrecoñecible vestiario, unha equipación verde, onte en Pranton Park o Celta de Berizzo demostrou que podería ser un bo equipo de Premier. Nunha magnífica hora deitou cun xogo combinativo de alta escola ao Everton, un cadro que participará na Europa league. Non puidemos evitar un aceno de aberto entusiasmo cos tres goliños […]