Entradas por bretemas

Onte 1109: O libro dos Suaves

Chegou onte o libro dos Suaves, un volume de 428 páxinas sobre o mítico grupo de rock and roll ourensán. Foi o profesor Javier Domínguez, irmán de Yosi e Charli, os líderes dos Suaves, e compoñente ademais da primeira formación, quen se ocupou de preparar esta primeira e completísima biografía humana e musical dunha banda veterana […]

Campo do Fragoso CLVI

BAIXAR DA NUBE A vitoria en Elxe, tras a marabillosa combinación in extremis entre Krohn Dehli e Nolito, deixou ao celtismo ao abeiro de tan perigosos cantos de serea como son os que se escoitan nos territorios da euforia. Tras bastantes tempadas de axuste orzamentario moi severo, con proceso concursal e límite salarial incluídos, compensados […]

Onte 1108: El Pais.cat

O diario El País anunciou onte a apertura dunha edición dixital en catalán, que ofrecerá as principais noticias do día e contidos propios. Tras o suplemento cultural Quadern, El País aumenta a súa oferta en lingua catalá, ao tempo que expresa a súa vontade de poñer o foco informativo sobre Barcelona, «na liña da bicapitalidade […]

Onte 1107: A marca do editor

Roberto Calasso, o editor de Adelphi, fixo en Cien cartas a un desconocido unha escolma dos seus textos de contracuberta ou lapela. Agora, no libro publicado tamén en Anagrama, La marca del editor, expresa a súa poética da edición cultural, para el un xénero literario híbrido, e a súa concepción da empresa editorial como unha forma e unha […]

Onte 1106: Con Ana Acuña en Marín

Acompañamos onte a Ana Acuña na presentación no Museo Manuel Torres de Marín do seu libro Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000). As profesoras Chus Nogueira e Olivia Rodríguez fixeron dúas grandes intervencións nas que salientaron a importancia deste libro para a historia da literatura galega. Para Chus Nogueira Conciencia política e literatura galega […]

Onte 1105: Hortensia

Souben polo GCiencia, unha desas marabillas da internet galega,do trinta aniversario do Hortensia, un furacán inesquecible. Lembro que daquela había uns poucos días que viviamos en Panxón, nun apartamentiño diante do arco visigótico. O día anterior chovera e chovera, Cando regresamos da escola, fomos ao bar de Tavo, daquela o único que había no porto. […]

Onte 1104: Orgullo neofalante

Son galegofalante desde os quince anos, cando decidín asumir o galego como a miña primeira lingua. Dende entón loitei día a día para vivir en galego en todos os eidos da miña vida familiar, social e laboral. Sei que fun afortunado por traballar como docente monolingüe de educación infantil e por facelo agora como editor en lingua galega. […]

O Vigo de Sereos

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a alertar sobre a situación do programa Sereos de asistencia a persoa excluídas e con adiccións. Resúltame difícil de comprender como é posible que nunha cidade como Vigo, cuxo concello conta en 2014 cun orzamento anual de gasto de 228 millóns de euros, non sexa capaz de dispoñer […]