Entradas por bretemas

Onte 1151: Do papel ao xesto

Presentamos onte en Pontevedra «Do papel ao xesto. Libros de artistas e outras diverxencias», unha exposición colectiva que formará parte da programación do Culturgal 2014 como unha extensión diverxente cara ás artes plásticas e visuais. Comisariada por Antón Sobral e Paula Cabaleiro, patrocinada pola Deputación de Pontevedra, ofrécese por vez primeira no país unha grande […]

Onte 1150: «Diario Cultural»

Culturgal outorgou onte a Diario Cultural o seu premio do público deste 2014 co que recoñece un proxecto cultural destacado no ámbito social a través da participación popular. Xaora, foron máis de oitocentas as persoas que escolleron entre o programa da radio pública galega, o festival Cineuropa e Viñetas desde o Atlántico. Este recoñecemento ao programa dirixido por Ana […]

Vigo alemán

No artigo da semana en Faro de Vigo lembro a pegada que a colonia alemá deixou en Vigo na primeira metade do século XX, ao fío da publicación recente de catro libros. Catro obras recentes salientan o carácter de Vigo como cidade internacional durante a primeira metade do século XX, con especial importancia durante a […]

Onte 1149: Os dereitos da infancia

Ás portas da celebración do vinte e cinco aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, aprobada polas Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989, trinta anos despois do Declaración dos Dereitos do Neno, publicamos para celebralo un volume colectivo de intención didáctica e carácter solidario (un euro de cada exemplar vendido será para […]

Onte 1148: Badia i Margarit

Morreu Antoni Maria Badia i Margarit, unha das figuras senlleiras da cultura catalá do século XX, un auténtico sabio da lingua catalá, especialista en dialectoloxía, onomástica, sociolingüística, autor da Gramàtica històrica catalana, modernizador da lingua catalá, respectado por todos e considerado como o tótem da lingua catalá. Tras o fío da noticia do seu pasamento […]

Onte 1147: Os dereitos das lectoras

Foi onte Agustín Fernández Paz quen rescatou en twitter o cartel que sir Quentin Blake preparou en 2006 dos dereitos da persoa lectora fixados en 1992 por Daniel Pennac. Un texto esencial recollido en Como unha novela, un ensaio que publicaramos decontado en Xerais na versión galega de Emma Lazare e Moncha Fuentes. Transcorridas dúas décadas, […]

Onte 1146: «Dende o conflito»

Moi interesante resultou a conversa da xornalista María Solar e a escritora María Reimóndez sobre Dende o conflito, a novela gañador ado Premio Xerais de Novela 2014. Organizado no marco do programa «Venres nas librarías», o acto tivo lugar na libraría Trama de Lugo, unha das mellores librarías culturais do noso país, tanto pola amplitude e organización do seu […]

Onte 1145: Caxade no Culturgal

Vanse desvelando algúns dos contidos da programación do Culturgal 2014. Será un concerto de Caxade e da Banda de Música de Bandeira na noite do sábado 6 de decembro o prato forte da programación musical. Tras a súa presentación o pasado ano con A Dança das Moscas, un dos meus discos preferidos dende entón, o […]

Onte 1144: Os máis lidos

Soubemos onte da relación dos títulos máis lidos o pasado curso nos 209 clubes de lectura da rede de bibliotecas escolares de Galicia, unha valiosa información anual sobre as preferencias do noso lectorado mozo que contribúe a orientar o traballo de editores e mediadores. Chama a atención deste listado o peso dalgúns títulos publicados orixinalmente […]

Onte 1143: «A vinganza do defunto»

Acompañamos onte a Carlos Reigosa na presentación en Compostela d’ A vinganza do defunto, a quinta das novelas da serie protagonizada polo detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde. Foi Xesús Alonso Montero, presidente da Academia Galega, quen se ocupou de glosar unha obra que relacionou con Crime en Compostela, a primeira novela da serie […]