Entradas por bretemas

Onte 1184: «Do voltar», nadaliña cinematográfica

«Do voltar» é o título desta magnífica nadaliña cinematográfica que Víctor Hugo Seoane preparou para o blog «Acto de primavera». Lembremos que o pasado ano a nadaliña foi esta peza de Carla Andrade, en 2012  a de Eloy Domínguez Serén e no 2011 a de Xurxo Chirro. Parabéns a Martín Pawley, Xurxo González e José Manuel […]

Onte 1183: 40 anos de «Cuadernos de Pedagogía»

Recibimos onte o número de decembro de Cuadernos de Pedagogía, no que a revista celebra os seus 40 anos de existencia e fai balance de catro décadas de educación en España. Un número monográfico extraordinario, que cómpre debullar moi amodiño, no que participan as principais figuras da pedagoxía contemporánea, como Puelles, Viñao, Xurxo Torres, Gimeno, Enguita, […]

Vigo desmemoriado

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío do conflito sobre o destino do Bernardo Alfageme, fago unha reflexión sobre a conservación e posta en valor do patrimonio marítimo e industrial en Vigo. Hai doce anos publiquei neste espazo un artigo titulado “Chapa de mar” (Faro de Vigo, 3-2-2002) no que reclamaba ao […]

Onte 1182: Cara á edición híbrida

Estivemos onte facendo balance da oferta dixital de Xerais e levamos algunhas sorpresas. Acadamos os 186 títulos no catálogo dixital da editorial dos que 153 son libros literarios en formato epub (81 de Narrativa, 1 de poesía,  8 de ensaio e 63 infantís e xuvenís) que distribuímos en librarías dixitais (Amazón, Itunes, Casa do Libro, El Corte […]

Onte 1181: «Mr. Turner»

Gustoume Mr. Turner, o retrato cinematográfico que Mike Leigh fixo de Joseph Mallord William Turner, a gloria da pintura paisaxistica inglesa do século XIX. Cun guión lixeiro, enfiando unhas poucas situacións dramáticas, componse unha película fermosa na que a paisaxe e a pintura son protagonistas e o retrato humano dun artista rosmón, fanfurriñeiro e ás […]

Campo do Fragoso CLIX

FUNDIDO Por moito que doa recoñecelo, o Celta chegou fundido á parada invernal. Tras un comezo de tempada marabilloso, onde amosou un nivel físico ideal, unha óptima concentración táctica e unha capacidade goleadora moi elevada, o cadro de Eduardo Berizzo foi perdendo fol até amosar de forma dramática as súas feblezas nos tres últimos partidos […]

Onte 1180: «Tita», o documental

Miguel Piñeiro está filmando en Muras Tita, un documental sobre a nosa admirada Antía Cal. A raíz da publicación hai uns meses d’ O libro dos nenos galegos, o que foi un material didáctico en galego, inédito dende 1958, utilizado nas aulas do colexio Rosalía de Castro de Vigo e no que Antía Cal contou coa colaboración de Antón […]

Onte 1179: Morreu Paco Porrúa

Soubemos onte do pasamento de Paco Porrúa. Precisamente, o xoves pasado, o día no que morreu, Xosé Pérez Mondelo, o autor dun gran artigo en Alén da chuvia sobre as raíces do noso editor emigrante, deume o seu teléfono para o que chamase en nome de Galicia e dos editores galegos. Magoadamente, chegamos tarde, non sabiamos que […]

Onte 1178: «Alén da chuvia», revista literaria do Instituto Eusebio da Guarda

Na visita que onte fixemos ao Instituto Eusebio da Guarda, instituto histórico coruñés onde na sála de profesorado está instalado o mural de Felipe Criado «Lucubración para una dinámica Espacio-Tiempo», fomos agasllados cuha colección da revista Alén da chuvia. Cadernos escolares de literatura. Non podo agochar a sorpresa e entusiasmo que me produciu esta revista […]