Entradas por bretemas

Onte 1216: O reto de Syriza

A clara vitoria de Syriza rebenta un gromo de esperanza no ermo actual da Unión Europea, onde por vez primeira se podería enxergar unha posibilidade de rematar coas políticas de austericidade da Troika. Syriza, unha coalición de forzas de esquerda de espírito europeísta, asumiu onte o compromiso co pobo grego de recuperar a súa dignidade e a soberanía na súa […]

Onte 1215: «Birdman»

O éxito de Birdman ou (a inesperada virtude da ignorancia) e as súas nove nominacións aos Óscar explícase pola súa capacidade para actualizar o debate entre o éxito e o fracaso artístico ou, en termos máis xerais, entre a industria cultural do lecer e as belas artes. Empregando a ollada dunha sátira poética, Iñárritu esculca nese […]

Onte 1214: Antolóxica de Mantecón

Quedei moi contento do éxito rotundo da inauguración onte da exposición de Francisco Mantecón. Máis dun cento de admiradores do grande pintor racionalista vigués acompañamos entusiasmados aos comisarios desta antolóxica pictórica, Alberto González Alegre e Ángel Cerviño, no seu percorrido didáctico polas salas do Marco. Noventa pezas, correspondentes en case a súa totalidade a unha […]

Onte 1213: Vigo hai trinta anos

A publicación onte de Vigo no Nodo levoume a coñecer outra peza audiovisual recuperada por Beny García, Vigo no ano 1984, un paseo en coche cunha cámara amadora que fixo un tal Teo dende Travesas ao Berbés. Unha viaxe de apenas sete minutos pola memoria próxima, que comeza co documento social dos picariños xitanos da […]

Onte 1211: Homes e mulleres de Dionisio Tasende

Chego case cun ano de atraso ao catálogo De homes… e mulleres que recolle as fotografías de Dionisio Tasende que se expuseron no Museo de Belas Artes da Coruña. Membro da xeración de fotógrafos amadores coruñeses dos anos 50, como Schmidt de las Heras e Veiga Roel, Tasende obtivo premios en salóns internacionais, sendo homenaxeado […]

A proxección de Parga Pondal

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a reivindicar a figura do científico, empresario e galeguista Isidro Parga Pondal, homenaxeado polo Foro Enrique Peinador. A pasada semana, o Foro Enrique Peinador organizou unha homenaxe na Facultade de Química da Universidade de Santiago ao científico, empresario e galeguista Isidro Parga Pondal, a quen en 2014 […]

Onte 1210: As bibliotecas, centros comunitarios

Esta anotación do blog Bibliotecas 2029 é moi clarificadora sobre cal será, probablemente, o futuro das bibliotecas, máis vinculado co seu carácter de centros comunitarios facilitadores do acceso e alfabetización dixital que coa conservación e préstamo de libros impresos, até agora parte esencial do seu ADN. Concibida así, a biblioteca é un espazo hibridado, no que conviven soportes analóxicos […]

Onte 1209: «O como é o que conta», artigos de Pepe Barro

Aproveitei as horas de lectura de onte para mergullarme nas páxinas d’ O como é o que conta, unha colectánea de trinta artigos sobre o deseño, a cultura e a imaxe da cultura do noso admirado Pepe Barro. Unha edición moi reducida, apenas cen exemplares, que Pepe preparou o pasado nadal para agarimar as súas […]

Onte 1208: «Boyhood», indagación sobre o cine e o tempo

Quedei hipnotizado con Boyhood, case tres horas de cine inesquecible, capaz de reinventar o que entendemos por esta expresión contemporánea das belas artes. O tempo como tema, a infancia e a adolescencia como argumento, a familia e a educación como marcos e o work in progress como fórmula de escrita dun guión aberto ao diálogo co seu […]