Entradas por bretemas

Onte 1334: O retrato de Oubiña

Lamentei que Borja Oubiña non recibise onte en Balaídos a gran homenaxe que merece como o xogador máis valioso do Celta neste século XX. Unha lenda do celtismo contemporáneo á altura de Manolo, Mostovoi ou Gudelj. Sei que a ollada melancólica do capitán, recollida no retrato que Guillermo Cameselle lle fixo cando apenas tiña dezasete anos, despois […]

Onte 1333: Vitoria da comunidade educativa

A pesar do balbordo da campaña das municipais non pode pasar desapercibido o acordo do Consello Escolar de Galicia de rexeitar o Proxecto de Decreto que regula o currículo de ESO e Bacharelato en Galicia. Esta emenda á totalidade, presentada polos sindicatos do profesorado (CIG, CC.OO. e UXT), CONFAPA-Galicia, a USC e a Coordinadora Galega […]

Onte 1332: Retroceso para o ensino do galego no Bierzo

O ensino do galego no Bierzo pode retroceder grazas a que a Junta de Castilla y León na orde quedesenvolve as ensinanzas e o currículum da LOMCE no Bacharelato declarou a «Lengua y Cultura Gallega» materia de libre configuración autonómica, o que a sitúa fóra do horario lectivo. Maís alá da falta de vontade política da Junta de Castilla y […]

Onte 1331: Un día sen música

En Compostela vin onte a manifestación dos músicos das orquestras reclamando ao Goberno de Rajoy un IVE cultural reducido e unhas condicións especiais de tributación e ao de Feijoo un axeitamento da lei de espectáculos á situación (precaria) da súa actividade. A mobilización dos músicos galegos coincidiu coa xornada «Un día sen música» que o sector da música en España, […]

Onte 1330: O dinosauro de Caballero

Sempre nos quedará a dúbida de se foi ou non premeditada por Caballero a colocación onte durante unhas horas dun dinoasuro vexetal na rotonda de Rosalía Castro coa rúa Porto. Finalmente, a dinosebe foi retirada, aducindo de forma confusa que estaría destinada a un parque de Navia, o que non parece un argumento moi convincente, mentres que na […]

Gran Vía 2

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a homenaxear a figura do arquitecto Francisco Castro Represas, autor do proxecto de Gran Vía número 2, o edificio literario vigués, espazo onde se desenvolven dúas novelas galegas recentes, Os fillos do mar de Pedro Feijoo e Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo. Nos tan exitosos […]

Onte 1329: «O estranxeiro», poema inédito de Celso Emilio

Luís Ferreiro, o director da Fundación Celso Emilio Ferreiro, publicou esta fin de semana un poema inédito do seu pai. Trátase do títulado «O estranxeiro», enviado dende Caracas no mes de febreiro de 1973 aos rapaces do Colexio Rosalía de Castro de Vigo, que dirixía a súa amiga Antía Cal. Composición de intención didáctica, Celso Emilio […]

Onte 1328: Kruckenberg

Este 17 de maio quedará na nosa memoria pola tristeza do pasamento de María do Carme Kruckenberg, a poeta viguesa que fixo da súa vida un exercicio continuo de rebeldía. É inevitable lembrar a súa enerxía entusiasta e a súa solemnidade cando recitaba, mostra da súa elegancia humana e dunha vocación literaria que nunca abandonou. Pioneira nunha sociedade literaria […]

Onte 1327: En Lugo con Paco Martín

Onte na presentación na Feira do Libro de Lugo d’ A rula, o peluche e a nena, o conto de Paco Martín ilustrado por Belén Martín Franco, lembramos dous importantes aniversarios: os corenta anos transcorridos da publicación de Axóuxere. Semanario do neno galego, o suplemento de La Región en galego promovido por Martín, no que participaba o seu […]

Onte 1326: Unha escritora incómoda

Ao comezo da súa intervención na presentación de Son noxento na libraría Andel, onte María Xosé Queizán confesou que sempre fora «unha escritora incómoda e librepensadora, todo o mundo sabe como son, aínda que me len moitos menos que me coñecen.» «O tema do poder é clave en todos os meus libros», dixo a autora viguesa, antes […]