Entradas por bretemas

Onte 1486: O calendario de Martí

Xa está á venda o Calendario Xerais 2016 dedicado á serie sobre a emigración do fotógrafo Alberto Martí. Tras o éxito dos calendarios fotográficos anteriores, dedicados a Ruth Matilda Anderson e José Suárez, escolléronse as fotos da exposición Os Adeuses para que o seu comisario, José Caruncho, seleccionase unha ducia das pezas máis conmovedoras. Un calendario que constitúe un excepcional documento […]

Onte 1485: Series xuvenís

Hai tempo que vimos apostando en Xerais pola publicación de series xuvenís como un espazo para a ampliación e formación do lectorado dende a preadolescencia. Un subxénero da literatura infantil e xuvenil que non debe ser esquecido e do que temos numerosas mostras no noso catálogo. «As aventuras de Said e Sheila» de Ramón Caride, nacida […]

Mary Quintero homenaxeada

No artigo da semana en Faro de Vigo homenaxeo á fotógrafa viguesa Mary Quintero. Mary Quintero por fin está sendo homenaxeada como merece. Esta muller galega, pioneira dende moi nova da fotografía profesional en Galicia, foi recoñecida a pasada semana pola Deputación Provincial da Coruña como “fotógrafa histórica”. Unha homenaxe na que se salientou que […]

Onte 1484: Dispensadores literarios

Lin onte unha noticia de fomento da lectura que me pareceu moi curiosa. O concello de Grenoble, a capital dos Alpes franceses, instalou en varios espazos públicos oito máquinas dispensadoras de textos literarios coa intención de fomentar a lectura entre a súa cidadanía. A iniciativa naceu nunha pequena editora dixital, Short Edition, que coa intención de imitar […]

Onte 1483: Horror machista

Cando escribo esta anotación, coa intención de expresar a miña indignacion polo asasinato machista de Pontesampaio, coñezo a noticia doutra vítima en Manresa. Un feminicidio que non cesa, a pesar dos chamamentos desesperados das organizacións feministas. Cinco vítimas en Galicia no que vai de ano, case medio cento en toda España, catro na última semana […]

Onte 1482: Vigo-París

Mágoa que onte engalase o derradeiro avión de Air France que unía Peinador e Charles de Gaulle. Unha conexión magnífica, unha viaxe preciosa, que fixemos unhas cantas veces e nos permitiu saltar nun plis plas a Nova York ou facer unha visita de fin de semana sempre tan xeitosa a París. En once anos a compañía […]

Campo de Fragoso CLXVIII

KEYLORAZO O Celta perdeu onte co Real Madrid por mor dunha primeira media hora onde foi superado con toda claridade polo equipo de Rafael Benítez. Porén, o resto do tempo de xogo, sobre todo desde que quedou en inferioridade numérica a comezos da segunda parte, os de Eduardo Berizzo mereceron, canto menos, a igualada na […]

Onte 1481: Premio do Público do Culturgal 2015

A corenta días do comezo da súa celebración, onte Culturgal 2015 anunciou as tres candidaturas do seu Premio do Público: Curtocircuíto-Festival Internacional de Cine de Santiago, Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia e Sinsalaudio. Tres magníficas candidaturas, tres magníficos proxectos expresión de innovación e comunicación cos públicos nos eidos do cine, o teatro e a música […]

Onte 1480: Astérix e Wikileaks

Puxemos onte nas librarías O papiro do César, o máis recente álbum de Astérix, o segundo dos escritos por Jean-Yves Ferri e debuxados por Didier Conrad. Os novos autores, que recibiron o encargo de Uderzo e da filla de Gosciny de continuar a serie, nesta entrega dan unha importante volta de torca procurando atopar no […]

Onte 1479: Cifras en vermello

Faro de Vigo e Praza publicaron onte dúas clarificadoras informacións sobre os pagamentos que a Xunta de Galicia deberá facer nos vindeiros vinte e cinco anos ao sector privado pola construción e financiamento de varias autovías (Costa da Morte, Brión, Celanova, Salnés…) e do Hospital Álvaro Cunqueiro. En total unha cifra de 3.054 millóns de […]