Poema de hoxe 46: Pilar Pallarés, «Livro das devoracións»
arxilas da memoria todo e nada espellismos de sal que a tarde inventa Pilar Pallarés, Livro das devoracións (Espiral Maior, 1996)
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
Poema de hoxe 46: Pilar Pallarés, «Livro das devoracións»/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
arxilas da memoria todo e nada espellismos de sal que a tarde inventa Pilar Pallarés, Livro das devoracións (Espiral Maior, 1996)
Spotlight, a película con seis nominacións nos Oscar de Thomas McCarthy, é unha lección de xornalismo necesario. Baseada en feitos reais, reconstrúe o proceso que levou a Spotlight, un equipo de investigación de catro xornalistas de The Boston Globe, a desvelar en 2002 os casos de pederastia de varios centos de sacerdotes da Igrexa Católica e […]
Poema de hoxe 45: Víctor Campio, «Pido un exilio digno»/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Pido acougo de amor na miña última patria. Víctor Campio Pereira, Exilio digno (2006)
Volvín sobre Cara ao leste de Antía Nara, que chega estes días ás librarías. Unha novela que aventuro será unha das sorpresas da tempada, confirmando a esta investigadora residente en Berlín, que debutara con Aquel lugar (Xerais, 2007), como unha das nosas narradoras máis orixinais. Ao longo da xornada do velorio da tía Isolina coinciden a súa […]
No artigo que me solicitou Faro de Vigo reclamo máis rúas para o escritor Álvaro Cunqueiro: O escritor Antonio Reigosa, cronista oficial de Mondoñedo, lembraba onte que o 11 de febreiro cumpríronse 83 anos do gran mitin celebrado no Salón Teatro do Casino de Mondoñedo a prol do Estatuto de Autonomía de Galicia. Un acto […]
Presentamos onte no Ateneo de Pontevedra O dobrón de a oito de Alberto Fortes. Confesou o autor pontevedrés que escribira «a novela que me gustaría ler: de aventuras, de iniciación, que transcorrera na Galicia do século XVIII, que eu imaxinara tras a lectura de moita documentación onde se pode ver a Galicia daquel tempo polo miúdo». […]
Poema de hoxe 44: Vicente Araguas, «Xuvia revisitada»/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Sosteño que as chorimas son flores melancólicas e que o licor do toxo nidifica no pranto Vicente Araguas, Xuvia revisitada (Esquio, 2008)
Sobre a lameira de Balaídos, case unha lagoa, na noite de onte sofrimos os efectos euforizantes da grandeza dunha derrota. Durante unha hora, até que Banega meteu o seu gol (froito do primeiro erro defensivo celeste) e Guidetti enviou o penalti ao pao, o equipo de Eduardo Berizzo forxou o soño dunha remontada copeira, que semellaba case […]
Poema de hoxe 43: Avelino Cachafeiro, «Rosalía abriu a fiestra»/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Rosalía abriu a fiestra, bícana os raios do sol Avelino Cachafeiro Bugallo, Voando cas aas da vida (1969)
Poema de hoxe 42: Miguel Vázquez Freire, «No Castro de Paradela»/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
fomos recoller o canto da luz das últimas raiolas fomos esculcar a sólida música dos penedos Miguel Vázquez Freire, Paisaxes de nós (Cadernos da Néboa, 2011)

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
