Poema de hoxe 50: Alfredo Ferreiro, «Visión do medium»
Escribir un poema debe ser un diluvio que agoniza, Que aperta con violencia o corazón contra si. Que sufoca até o límite Alfredo Ferreiro, Versos fatídicos (Positivas, 2011)
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6850 entries already.
Poema de hoxe 50: Alfredo Ferreiro, «Visión do medium»/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Escribir un poema debe ser un diluvio que agoniza, Que aperta con violencia o corazón contra si. Que sufoca até o límite Alfredo Ferreiro, Versos fatídicos (Positivas, 2011)
Unha rapaza e dous rapaces de quinto do CEIP de Lourido, Poio, atoparon na praia unha mensaxe dentro dunha botella. Coma se dunha das historias de Agustín Fernández Paz se tratase, despois de escachar o vidro leron un texto datado en xuño de 1958 e localizado a 150 millas de Cabo San Vicente, enviado por algúen, identificado […]
Poema de hoxe 49: Manuel Álvarez Torneiro, «Aula de posguerra»/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Comezaba o inverno a durar media vida Manuel Álvarez Torneiro, Habitante único (Espiral Maior, 1997)
Os vinte anos que celebra esta fin de semana a CTNL merecen todos os parabéns. Dúas décadas de moi proveitoso traballo dun colectivo de profesionais a prol da lingua galega compartindo sintagmas de entusiasmo e simpatía. Como ben salientou onte Nel Vidal, que despois de nove anos de traballo arreo abandona a presidencia do colectivo, a […]
Poema de hoxe 48: Xohana Torres, «Tempo de ría»/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Vivir é só alzarse á dureza da hora dende o recanto escuro dalgún patio Xohana Torres, Tempo de ría (Espiral Maior, 1992)
Coa publicación d’ As peripecias de Extravaganza Pérez, o libro de Ledicia Costas, ilustrado por Óscar Villán, abre a xanela o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que centrado arredor do lema «Canta bichería!» se celebrará do 1 ao 23 de abril no Pazo da Cultura. Esta nova obra de Ledicia Costas, protagonizada por […]
FAIR PLAY O sucedido no Camp Nou na noite do pasado domingo amosa a precariedade actual do concepto de “fair play”, ou “xogo limpo”, no fútbol profesional, espectáculo de masas e peza clave das programacións audiovisuais e das empresas de apostas. Ninguén vai quitar mérito ningún a actuación de Lionel Messi, capaz de noquear soíño […]
Poema de hoxe 47: Xavier Seoane, «Umbral de vida»/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
consólame, cónsolame na terra non agardo outro reino Xavier Seoane, Umbral de vida (Esquío, 1996)
Dentro do programa de goberno que o grupo parlamentario de Podemos presentou onte, ao que puiden botar unha ollada en vertical, reparei no apartado 5.2.12 referido á «Protección da riqueza cultural e lingüistica do Estado». Un texto interesante no que por vez primeira, dende os tempos da Reforma Política, se propón que o castelán, o catalán, […]
Poema de hoxe 46: Pilar Pallarés, «Livro das devoracións»/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
arxilas da memoria todo e nada espellismos de sal que a tarde inventa Pilar Pallarés, Livro das devoracións (Espiral Maior, 1996)

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
