Tendencias da industria editorial para 2008
/en Edición, Tecnoloxías/por bretemas“Las previsiones de Shatzkin tienen que ver con aspectos tan diversos como la penetración del e-book, las cartas que jugarán los grandes desarrolladores de tecnología y proveedores de contenido implicados en este negocio, la relevancia que cobrará públicamente la figura del autor, la compra por parte de las editoriales de sitios Web especializados para obtener contenidos y alcanzar ciertos nichos de la audiencia, el auge de la venta de libros hechos a la medida del comprador gracias a la impresión bajo demanda, la evolución de la competencia entre las grandes cadenas de librerías, el replanteamiento de la estrategia de publicación de ediciones rústicas y de bolsillo, la consolidación del sector de los agentes literarios y el crecimiento de la utilización de Internet como canal promocional por parte de las editoriales.”
É dicir: penetración de libro electrónico na procura dun novo estándar, impresión dixital baixo demanda, utilización de Internet como canle de comunicación e promoción editorial e, sobre todo, un novo papel máis central para os autores (o contido é o eixo da edición). Tomemos nota na edición en galego.
"Os fabulosos irmáns da luz" de Olaia Sendón
/en Cine, Presentacións/por bretemas“O cine era ante todo espectáculo. A posta en escea desta premiere non podía obviar esta realidade e, como non podía ser menos, o evento está organizado en torno a esta idea: ESPECTÁCULO. Malabaristas, luces, sombras, siluetas animadas… xunto co impresionante entorno da Costa da Morte: o mar, as ondas, as rochas (a de abalar e a dos cadrís). Percorrer a alfombra vermella permitirá os asistentes achegarse ao Fabuloso mundo dos Irmáns da Luz.”
Recordamos que hai un ano, Olaia presentaba o seu primeiro documental, A casa de Lola e Andrés, que obtivo unha grande acollida nos diversos festivais no que foi presentado. Neste segundo traballo, que forma parte co anterior do proxecto Costa Difunta, revisítanse os espazos que noutrora foron cines, agora desaparecidos transformados ou botados a perder, acompañando a Ramón Camaño na súa experiencia de cine itinerante pola Costa da Morte. Un traballo moi prometedor e unha estrea, que se promete espectacular, da que falaremos devagariño nestas bretemas.
Actualización (20-01-2008): A estrea espectacular recollida en La Voz de Galicia e Galicia hoxe.
A quen beneficia a polémica?
/en Polémicas/por bretemasActualización (16-01-2008): Aconsello esta nova anotación de Eyré.
Arquivos, museos e bibliotecas
/en Bibliotecas/por bretemasNo seu artigo de hoxe Xosé L. Méndez Ferrín atina no diagnóstico do estado carencial da rede bibliotecaria galega, especialmente, o triste caso vigués do que xa temos falado aquí en diversas ocasións proporcionando datos escandalosos. Ferrín promete novas entregas sobre tan importante tema. Para cando esa imprescindible nova Lei Galega de Bibliotecas inserida no novo Plan Nacional de Lectura? A Biblioteca é a primeira institución cultural de cada comunidade local e o eixo de toda a política de lectura.
"A casiña de chocolate"
/en Ilustración, Literatura infantil e xuvenil/por bretemasTesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG)
/en Dicionarios, Internet, Lingua/por bretemas"Fóra do sagrado"
/en Artes Visuais, Poesía, Presentacións/por bretemasCampo do Fragoso LII
/en Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol/por bretemasO turrón non lle sentou ben aos celestes que comezan o ano con dous malos resultados e unha baixada preocupante da eficacia do seu xogo. Tras o fracaso en Cádiz da pasada semana, o encontro de onte fronte ao autobús do Salamanca amosou que o equipo de López Caro entrou nunha fase depresiva e que o banco e o cadro de xogadores son moito máis frouxos do que di o seu presidente. Saíu o Celta na primeira parte moi abusón, manexando a pelota con abrumadora autoridade, adiantando na banda os seus dous laterais e chegando con moita facilidade á área rival grazas aos arreóns dos seus centrais (Lequi e Rubén estiveron moi participativos), ás triangulacións entre Larena, Perera e Okkas e a un par de accións individuais de Diego Costa (máis frouxo que en encontros anteriores). Mais na área salmantina comezaban os seus problemas, xa que foi incapaz de destecer a arañeira defensiva que teceron os xogadores laranxas e, cando o conseguiu (nunha media ducia de ocasións claras), atopou ao debutante Biel Ribas, o mellor xogador sobre o campo, un porteiro de goma que parou todo canto se lle puxo por diante. Na segunda parte coñecimos a outra cara da moeda. O Celta, un equipo de carácter ciclotímico, decaeu moito no seu afán e foi permitindo que un Salamanca aparentemente inocente, ata entón encollido na súa área, se fose estricando sobre a lameira con certo perigo. Así sucedeu no minuto 73, cando o arbitro anulou un gol a Doñabeita por mor dun fóra de xogo moi discutible, o que constituíu un aprezable respiro para os celestes. Vaia susto! A saída do canteirán Ferrán Tacón, substituíndo a un lesionado Okkas, animou un pouco a atención da bancada demostrando que os rapaces do Celta B poden co seu descaro imprimir maior intensidade e compromiso ao equipo que o proporcionado polas “promesas” cedidas. Os minutos finais, cun Celta xa desfondado fisicamente, demostraron as importantes carencias do banco, xa que nin Manchev nin Mario Suárez contribuíron a mellorar a situación. Este Celta sen pegada e sen as pingas de calidade de Canobbio e Quincy (canto os botamos en falta!) ten poucas trazas de equipo gañador. Onte deu un paso atrás, a quimera do ascenso queda un pouco máis lonxe.
Metro para o Gran Vigo
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Vigo/por bretemasNo artigo da semana propoño que se estude a viabilidade dun Metro para o Gran Vigo, inserido nun novo modelo de mobilidade metropolitana baseado no transporte colectivo intermodal. Hai experiencias abondas na península que demostran que isto non é nin unha quimera nin unha fantasía.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.