Buscar

Si los resultados no te satisfacen, intenta una nueva búsqueda con otros términos.

163 resultados de la búsqueda de: Gala da Edición

93

Parladoiro

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a comentar a publicación de Parladoiro, o libro que escolma a obra xornalística de Ramón Otero Pedrayo. Dentro da obra oceánica de Ramón Otero Pedrayo, o patriarca por excelencia das letras galegas do século XX e creador da prosa culta no noso idioma, non se ten […]

94

Onte 1726: Dúas entrevistas profesionais

Apareceron publicadas onte na rede dúas entrevistas profesionais que arquivo agora no blog. A primeira fíxoma a xornalista Débora Campos para que formase parte do monográfico que sobre Manuel Rivas publicado no número 24 de Olivar, revista científica semestral de la Facultad de Humanidades y Ciencias de la Educación de la Universidad Nacional de la Plata. A […]

95

Onte 1682: Sabino Torres, decano dos editores galegos

Sentín o pasamento onte de Sabino Torres, o decano dos editores galegos en activo, o fundador da colección Benito Soto e actual responsable de Hipocampo Amigo. Hai dous anos comentabamos a publicación das súas memorias, Crónicas dun tempo escondido. Pontevedra 1930.1960, nas que con grande elegancia e detalle reconstrúe a historia social e cultural pontevedresa […]

97

Onte 1662: Sobre a Feira do Libro de Compostela

Volvín onte á Feira do Libro de Santiago para acompañar a Carmen Blanco Ramos na presentación d´ O volframio en Varilongo. Un serán literario interesante iniciado co obradoiro infantil “Horta con Arte” ao que seguiu a presentación do libro-filme Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra de Margarita Ledo Andión, publicado por Numax-Apiario. […]

98

Onte 1659: 38 anos de cultura galega

Participamos no mediodía de onte nun debate organizado no edificio Cambón de Vigo pola Fundación Premios da Crítica Galicia sobre a cultura galega a través das 38 edicións destes premios que se veñen celebrando de forma ininterrumpida dende 1978. Hora e media ben cumprida de reflexión onde compartimos palabra con Bieito Ledo, presidente da Fundación e […]

99

Onte 1562: A colleita de 2015 de Fervenzas Literarias

Como xa é tradición dende hai nove anos, coñecimos onte o ditame dos premios Fervenzas Literarias aos mellores libros e iniciativas do ano 2015. Os Fervenzas son sempre os primeiros da xeira anual de premios a obra editada, ao tempo que teñen a singularidade de ser outorgados por votación de medio milleiro de internautas, que […]

100

Onte 1525: Culturgal 2015, clausura

Pechamos onte o Culturgal 2015 cun concerto de despedida de Pan de Capazo, apenas uns minutos de ledicia en tempo de desconto de trinta horas de bulir entusiasta. Comezou a primeira hora do domingo cunha programación na que se resume o espírito do que foi este Culturgal: no Salón de Actos, estreouse diante de varios centos […]