Camiñar por Compostela da man de «Festina lente»
As xornadas que o Club de Lectura de Gálix Tendendo Redes dedicada a Festina lente, a grande novela de Marcos Calveiro, parécenme unha marabilla. Esta iniciativa amosan as enormes posibilidades dinamizadoras que atesouran os Clubes de Lectura (un concepto que debemos ampliar ao de «Voluntariado da lectura») e a potencia sedutora da novela de Calveiro, que un ano despois da súa aparición, segue conquistando nunha boca orella continuo a novos lectores e lectoras. Festina lente é desas novelas que amplía o público para o libro galego, sen menoscabo ningún da súa excelencia literaria.
Chaman a atención algunhas das actividades previstas deste orixinal programa (pode baixarse en pdf), preparado por Tendendo Redes, co apoio de Amigos del Románico: a lectura pública da novela coa que se inicia (algo novidoso en Galicia); as conferencias previstas sobre iconografía medieval e alquimia, así como as dúas visitas guiadas do sábado día 4, pola mañá «á Compostela do XVI», pola tarde á propia catedral. Se a iso engadimos a intriga que introduce a actividade do Bookcrossing e a emoción do «Canteiro en Compostela» (un recital poético cun cadro de poetas moi bo), concluiremos que non podemos faltar nesa xornada do sábado 4 de xullo. Os meus parabéns a Marcos e a xente de Gálix por ter artellado tan interesante programa. Este pode ser un modelo moi interesante a emular noutras cidades.




Un doce de xuño de 1909 nacía en Seivane, unha aldea do concello de Abadín o que sería o grande poeta chairego 
Dende o pasado domingo andamos enleados poñendo orde en toda a información xerada polo serán dos Xerais. A verdade que estou moi satisfeito pola repercusión do acontecido na illa tanto na prensa impresa como nos 
Despois da súa última deliberación, o xurado da XXIVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema “Papude” que, despois de aberta a plica, resultou ser de 
Con motivo do Día internacional do libro e dos dereitos de autor, hoxe ao mediodía presentaremos no Consello da Cultura Galega 