[Suso de Toro, «Reacción antipedagóxica», »El País Galicia» 29-06-2012]
Onte 295: Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro
/en Beizóns, Iniciativas, Lingua, Onte, Poesía, Promoción do libro, Recurso_didáctico/por bretemasEntre as actividades do centenario de Celso Emilio Ferreiro unha das das que máis me gustaron foi a Campaña Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro preparada polos meus amigos de Ouvirmos. A través do buzoneo masivo deste folleto, entre os veciños das rúas que levan o nome do poeta de Celanova, en 28 localidades galegas, achégase a posibilidade do coñecemento sobre os seus aspectos biográficos esenciais e sobre os contidos da súa obra. O obxectivo de achegar un coñecemento básico entre toda a veciñanza sobre quen é e que fixo a persoa coa que foi bautizada a rúa na que viven supón un exercicio de desenvolvemento de cidadanía e de recuperación de identidade e autoestima veciñal. Ademais, a utilización do recurso da fotonovela, dunha liña cronolóxica ou dos pasatempos engaden atractivo a un campaña de difusión da literatura e da lingua galegas entre os grandes públicos. Unha iniciativa que merece entusiastas parabéns.
Alarma! A caligrafía extínguese
/en Lectura, Literacidade, Recurso_didáctico, Tipografía/por bretemas
O xornal alemán Bild publicou o pasado mércores a súa portada deste xeito para denunciar que a caligrafía está en vías de extinción. A reivindicación do texto manuscrito é fulcral no proceso de tránsito entre o paradigma analóxico e o dixital.
Eu falarei
/en Beizóns, Lingua, Música, Recurso_didáctico, Vídeos/por bretemasMoi interesante é esta experiencia da comunidade educativa do IES de Chapela que gravou o Lipdub «Eu falarei». Amosa, outra vez máis, o valor dos procesos colectivos e compartidos para superar os prexuízos lingüísticos. Unah peza moi recomendable.
Un Son
/en Animación, Lingua, Música, Recurso_didáctico, Vídeos/por bretemasExcelente peza creada en «stop motion» por un equipo de alumnas de 3º de ESO do Colexio Andersen de Vigo. Un modélico proxecto de educación musical e de posta en valor da lingua galega. Merece ser divulgada. Parabéns.
Reivindicación do texto manuscrito
/en Lectura, Literacidade, Recurso_didáctico, Tipografía/por bretemas
O meu admiradísimo Carlos Núñez (Le Vieux), mestre tipógrafo e deseñador gráfico, creador da tipografía Gallaecia Castelo, envioume un correo electrónico no que reivindica o texto manuscrito. Non esquezamos que na mudanza de paradigma, o tránsito do textual ao hipertextual, prodúcese tanto nas formas na lectura como na escritura. Mudan as formas de lecturas e as formas de escritura. Isto é fulcral. Polo grande interese desta reflexión, «El escrito a mano es la expresión del alma», sobre todo dende o punto de vista didáctico, permitinme convertila nun documento pdf que se pode baixar aquí. Grazas, Carlos!
Onte 271: Mareas vivas
/en Medio_Ambiente, Onte, Recurso_didáctico, Vigo/por bretemas
Cando Venus pasea diante do Sol nestes días achegados ao solsticio de verán, as mareas vivas están a piques de asolagar o peirao do Náutico. Dúas moi fermosas imaxes para conservar. O xeito no que a natureza se fixo presente onte en Vigo no Día Internacional do Medio Ambiente.
Book People Unite
/en Book_trailer, Lectura, Recurso_didáctico, Vídeos/por bretemas
Interesante canción de promoción da lectura preparada por Reading is Fundamental.
Via Booktailors.
Onte 266: Contrato cos ausentes
/en Filosofía, Medios, Onte, Recurso_didáctico/por bretemas
As entrevistas da Última da edición impresa de La Vanguardia adoitan ser memorables. Onte non desmerecía a que publicou El País con Daniel Innnerarity. O filósofo vasco poñía o dedo sobre a chaga para diagnosticar o tempo presente con algunhas afirmacións luminosas que merecen ser arquivadas: «O que non entendo é como non nos mandan a paseo as xeracións máis novas ao descubrir que a nosa burbulla inmobiliaria ímola pagar coa súa educación. A isto chámoo a ditadura do nós ou a consideración do futuro como vertedoiro de lixo do presente. Debemos buscar o contrato cos ausentes, fuxir da tiranía do aquí e agora». En días de posible rescate e de durísimas hipotecas que pagarán as xeracións máis novas, as palabras do autor de Una esperanza política son unha referencia moral e unha proclama de indignación cidadá. Non está de máis, recoñecer a complexidade actual da gobernanza do mundo, cando os financeiros rouban a soberanía.
Mensaxes de auga
/en Educación, Educación_para_a_Paz, Música, Recurso_didáctico, Vídeos/por bretemas
Nun día desacougante coma hoxe, esta peza convida ao optimismo e o compromiso.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
O Vigo de Otero Pedrayo6 de Xaneiro de 2026 - 9:54 a.m.
Aguinaldo4 de Xaneiro de 2026 - 3:06 p.m.
Contafíos31 de Decembro de 2025 - 5:53 a.m.
Vigo en tres paisaxes30 de Decembro de 2025 - 7:02 a.m.
Primeiro Conto de Nadal24 de Decembro de 2025 - 6:57 a.m.



