Onte 28: Usar, solicitar e escoller
Magnífico o discurso de Carlos Callón na presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos en Compostela. Con sutileza e firmeza rebatiu unha das afirmacións que con anterioridade fixera Francisco Rodríguez: «non é certo que teñamos que ser xubilados ou funcionarios para exercer os nosos dereitos lingüísticos». USAR, SOLICITAR e ESCOLLER son tres dos verbos chaves do novo activismo lingüístico que propón Callón, baseado na corresponsabilidade individual e na confianza de que é posible superar os prexuízos e as falacias tecidas arredor do idioma. Unha inxección de entusiasmo que non significa de maneira ningunha abandonar a cobertura política das estratexias normalizadoras, mais que supón unha valiosísima actualización do discurso hexemónico nacionalista sobre a normalización do idioma. O centenar de persoas que ateigaron o Dezaseis comprobaron como neste eido, afortunadamente, estase producindo unha importante renovación, non só xeracional, que tamén.


Hai apenas vinte horas que naceu. Aparvados, acariñamos a súa pelciña encarnada, agardando un seu aceno, que nos demostre que xa está aquí para petar forte. Cando me colle o furabolos coa súa man diminuta de dedos afiados, sinto a vida da súa alma, esa emoción intensa da primeira apreta, dese pulo innato que posuímos todos os seres humanos para encadearnos uns con outros. Eis a presenza da cadea familiar dos afectos. Esas primeiras apretas coa vida de Olivia, lembráronme o que 
Zaira Rodríguez Pérez, 
Roberto Varela recoñece que é necesario 
Á mañá recibín un novo limiar para o que será A Derrota de Galicia, o libro de ensaio político, que publicaremos a comezos da vindeira primavera, no que 
Cando viaxo a 
A intransixencia foi unha das peores doenzas da dereita española ao longo do pasado século. Lamentábao Azaña cando lembraba a facilidade coa que era insultado da forma máis groseira polos seus rivais políticos. Esa tradición do insulto a flor de pel é a que está detrás do comportamento prepotente, irrespectuoso e provocador ao que nos teñen aborrecido algúns medios madrileños. Esa tradición é a que emula con tan escasa imaxinación Gerardo Conde Roa. Até agora, o alcalde compostelán adquiriu a súa notoriedade extramuros polos seus comportamentos excéntricos e declaracións provocadoras. Con todo, estou convencido que non estamos diante dunhas saídas de pata de banco explicables por un carácter sanguíneo ou polo entusiasmo verbal provocado un día polo consumo de líquidos euforizantes. Non. O conto é triste como dicía Castelao. Acabar con 
A 
Na primeira das catro magníficas sesións da 