Presente e futuro do Libro Galego
/en Eventos, Libro/por bretemasMañá pola mañá estaremos no foro «Presente e futuro do Libro Galego» organizado por El Correo Gallego. A partir das 12.00 participarei nunha mesa redonda sobre «Innovación e novas tecnoloxías no libro galego» na que acompañarei aos editores Carlos Lema e Juan Blanco Valdés, cao director de cultragalega.org Manuel Gago e co presidente do Clúster do produto gráfico Jacobo Bermejo, todos os catro admirados profesionais da edición e bos amigos.
A evolución do libro
/en Bibliotecas, Historia, Imaxes, Libro, Recurso_didáctico/por bretemas
Tirado e Bibliotecários sem fromteiras. Vía Booktailors, obrigado.
Edición e actividade editorial
/en Blogs_e_libros, Comercio do libro, Edición, Editores, Libro, Recurso_didáctico/por bretemasHoxe comezamos a nosa docencia do módulo «Edición e actividade editorial» no Mestrado en Edición das Universidades de Vigo e Santiago. Velaí a bibliografía básica que propoñemos manexe o alumnado durante estas catro semanas:
Fontes impresas libros:
- Blanco Valdes, Juan (2009): Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica, Xerais
- Cassany, Daniel (2006): Tras las líneas. Sobre la lectura contemporánea. Anagrama.
- Cesari, Severino (2009): Conversaciones con Giulio Einaudi. Trama (Hai edición anterior de Mario Muchnik)
- Davies, Gill (2005): Gestión de proyectos editoriales. Fondo de Cultura Económica
- Echenoz, Jean (2009): Jérôme Lindon, mi editor, Trama
- Epstein, Jason (2003): La industria del libro. Pasado, presente y futuro de la edición. Anagrama
- Gil, Manuel; Jiménez, Francisco J (2009): El nuevo paradigma del sector del libro, Trama
- Martínez de Souza, José (2005): Manual de edición y autoedición. 2ª ed. Pirámide
- Mascheler, Tom (2009): Editor. Trama
- Nyssen, Hubert (2009): La sabiduría del editor. Trama
- Rodríguez, Joaquín (2007): Edición 2.0 Los futuros del libro, Melusina
- Schiffrin, André (2000): La edición sin editores. Destino
- Schiffrin, André (2006): El control de la palabra. Después de «La edición sin editores». Anagrama
- Soto López, Isabel (2005): Do libro impreso á Internet, Xunta de Galicia
- Vila Sanjuan, Sergio (2003): Pasando página. Autores y editores en la España democrática. Destino
- Zaid, Gabriel (1972, 1996): Los demasiados libros. Anagrama.
Fontes impresas revistas e informes:
- Informes anuais do Comercio Interior e Exterior do Libro en España. Federación de Gremio de Editores de España.
- Panorámica da Edición en España. Informes anuais da oficina do ISBN do Ministerio de Cultura.
- Trama y Texturas. Revista trimestral sobre libro y la lectura
Fontes electrónicas:
«2010. Ano do Libro e da lectura»
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Clubs_lectura, Edición, Editores, Goberno Feijoo, Iniciativas, Lectura, Libro/por bretemasNo artigo da semana de Faro de Vigo expreso a miña perplexidade por este ano bonsai do libro e da lectura que anuncia a Consellaría de Cultura e Deporte. Se non se modifica o enfoque decontado, proporcionándolle un carácter transversal que abranga a todas as consellarías e administracións e dispoñendo de máis medios, estamos diante dunha nova decepción anunciada.
Going West
/en Cine, Lectura, Libro, Vídeos/por bretemas[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/F_jyXJTlrH0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]Marabillosa esta peza de pouco máis de dous minutos promovida polo New Zeland Book Council.
The Incredible Book Eating Boy
/en Animación, Lectura, Libro, Vídeos/por bretemas[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/gY34G-utxs8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]Esta animación que ten como protagonista o libro é unha marabilla. Grazas a Fran por recomendala.
The library
/en Bibliotecas, Lectura, Libro, Recurso_didáctico, Vídeos/por bretemas[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/jpsRma-pC2o" width="425" height="350" wmode="transparent" /]Este vídeo sobre a biblioteca non podiamos deixar de publicalo aquí.
Grazas a Trafegando ronseis.
Continuará "Libro Aberto"?
/en Beizóns, Libro, Promoción do libro, Televisión/por bretemasAcabamos de recibir a carta de despedida de Luís Rei Núñez, o director do programa “Libro Aberto”. Despois de 127 programas “Libro aberto” consolidouse como o espazo de referencia para a promoción do libro galego en televisión. Magoadamente a nova dirección da TVG, que acaba de suprimir o “Servizo de Cultura”, non asegura a continuidade do programa. Sinceramente non me entra na cabeza que os novos directivos da CRTVG poidan liquidar da grella un programa da calidade e audiencia de “Libro aberto”. Se o fixesen cometerían un gravísimo atentado contra a lectura, un auténtico delirio! A industria do libro galego e o fomento da lectura en Galicia (un país á cola nos índices de lectura) precisa como auga de maio de “Libro aberto”, precisa, ademais, recuperar o minuto do libro nos informativos diarios e crear a “Hora do conto”, un miniespazo diario dirixido aos lectores máis novos.
Nesta despedida de “Libro aberto” é o momento de abeizoar o traballo realizado por Luís Rei Núñez, o seu director, Manolo Romón, o seu presentador, e o de todos os membros do equipo de profesionais.
Reproduzo a carta de despedida de Luís Rei Núñez:
Amigos de “Libro aberto”:
Nestes días estase completando o proceso de renovación do equipo directivo da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, e os novos responsables da Galega tomaron a decisión de suprimir o Servizo de Cultura, creado en outubro de 2005. Dado que ese programa de “Libro aberto” xa está gravado e non hai nel ningunha despedida dos seus seguidores e amigos, xa que a decisión nos foi comunicada con posterioridade, quero aproveitar o medio polo que habitualmente nos comunicamos para despedirme e agradecervos a vosa atención e interese.Se en anos anteriores a pausa era só durante o tempo de verán, sabendo que volveriamos en setembro, esta vez, lamentablemente, descoñecemos se será un adeus para sempre, perdendo esta canle pública o espazo que durante catro anos acudiu puntualmente á súa cita semanal cos amantes dos libros e da literatura.
Foron 127 emisións, con máis de duascentas entrevistas a autores galegos (como Fernández Paz, Manuel Rivas, Marina Mayoral ou Luz Pozo Garza), e de fóra (como Bernardo Atxaga, Ferreira Gullar, Eduardo Galeano ou Luis Sepúlveda); con presenza en feiras como as de Guadalajara (México) ou Bolonia; con monográficos como os de Brais Pinto, Xosé María Castroviejo ou Ramiro Fonte; e, por que non dicilo, con recoñecementos como o Premio Fernández del Riego dos editores galegos e cunha audiencia que (sempre que a emisión foi os mércores ás doce e media da noite) triplicou a dos programas similares doutras canles públicas.
Lonxe de calquera sectarismo, prestando atención ás novidades da nosa ampla oferta editorial, e achegándonos a clubes de lectores e librerías de toda Galicia, “Libro aberto” acolleu autores de todos os xéneros e xeracións, que tiveron no espazo unha ventá inmellorable para conseguir a necesaria visibilidade na sociedade para a que traballan.
Desde o convencemento de que pechar para sempre un espazo dedicado ós libros sería un gravísimo paso atrás, despídome de vós formulando o desexo de que en setembro, e como á volta dos tres veráns anteriores, a Televisión de Galicia volva deixar que a literatura atope un moi necesario espazo nas súas emisións.
Luís Rei Núñez
Director de “Libro aberto”
Teresa Moure, pregón da Feira do Libro de Santiago
/en Lectura, Librarías, Libro/por bretemas
Teresa Moure leu o pasado primeiro de maio un pregón formidable na inauguración da Feira do Libro de Santiago. O novo conselleiro de Cultura, que por vez primeira participaba nun acto público, debeu tomar boa nota. O texto completo do discurso de Teresa Moure pode descargarse aquí. No entanto, recollo dous fragmentos sobre o papel do libreiro e o valor social da lectura que deben quedar ben gardadiños no blog:
- Se asumirmos o compromiso de nos internarmos nas librarías é para darlle sentido ao mundo da lectura. O libreiro, a libreira non é só esa persoa que se achega ao computador para consultar os catálogos das editoriais, ou quen solicitamente apunta un encargo; é un axente especializado en adiviñar se tal libro pode gustar ou non a tal cliente, pedíndolle opinións para avisar outras persoas con semellantes intereses, gustos ou ideoloxía. Os verdadeiros libreiros son aqueles que lembran que a última vez que os visitamos pedimos un título que non estaba dispoñíbel e que nos informan que hoxe si o teñen.
- A nosa sociedade funciona sobre o suposto falso de que todas as persoas debemos posuír un coche e non, por exemplo, unha biblioteca. Por que non educar para ver a lectura como algo máis que un tempo morto de lecer, como un investimento para a vida, como un consolo para aliviar a angustia da existencia, de xeito que a biblioteca propia se vise como unha das posesións menos materialistas e máis libres que sexa posíbel soñar?

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Celtiña celtista25 de Maio de 2026 - 9:16 a.m.
Lemos máis, menos en galego24 de Maio de 2026 - 4:07 p.m.
Begoña Caamaño, escritora viguesa20 de Maio de 2026 - 4:12 p.m.
A Síndrome do Impostor14 de Maio de 2026 - 2:22 p.m.
Son De Seu 25 aniversario12 de Maio de 2026 - 2:19 p.m.



