Onte 2150: «O neno de lume» de Ledicia Costas
Tras Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais 2014), recoñecida co Premio Merlín (2014) e co Premio nacional de lix (2015), Ledicia Costas recunca no Merlín (2022) con outra obra extraordinaria, O neno de lume (Xerais 2022), unha novela con atmósfera de conto dickensiano e vontade de clásico. Empregando a estrutura do conto marabilloso, na que os protagonistas, Morgan («o neno de lume») e Anna («a nena morcego»), conviven de xeito natural con seres sobrenaturais e máxicos (as tres irás Luminaria), Costas artella unha aventura que explica o funcionamento do tempo atmosférico, a orixe do sol e as razóns dos ventos, das choivas, neboeiros e saraibadas. Unha peripecia fantástica na que será clave tanto unha pequena lapa chantada no ombro dereito de Morgan, como o feito de que ao longo dos seus dez anos de vida fose acollido e educado cada mes por unha das familias de Lilitown, a cidade onde apareceu nunha cesta pouco depois de nacer coma novo Moisés.
Empregando os recursos que lle son propios a toda a súa narrativa infantil (humor retranqueiro a esgalla, creación brillante de personaxes protagonistas e secundarias femininas, coidado na construción de tramas complexas e da procura de solucións orixinais para os conflitos, localización en entornos urbanos dun tempo pasado ou nun tempo e espazo míticos, homenaxes intertextuais, agarimo pola tecnoloxía…) e engadindo as convencións do conto tradicional de carácter marabilloso, Ledicia ofrece n’ O neno de lume un dos seus textos literarios para o lectorado autónomo mellor concibido, máis logrado e sorprendente.
O neno de lume é un libro escrito co alento imaxinativo e a liberdade creativa das grandes narradoras como Ana María Matute que confirman a Ledicia Costas como narradora natural e mestra da lix galega do noso tempo. Recomendabilísimo este Premio Merlín 2021, ilustrado coa agudeza visual de Iván R. que consegue ofrecer en cada unha das suas imaxes unha metáfora gráfica do texto. Parabéns, admirada Ledicia, conseguiches crear outro universo propio, unha nova proeza.



Tirando dos fíos que deixara soltos en
Das miñas lecturas galegas recentes un dos títulos que máis me entusiasmou foi 
Nunha tarde de sábado lin dunha sentada
Unha novela ditada pola memoria familar e modulada pola profunda experiencia e coñecemento do sector, na que Turnes continúa emocionando na construción dunha trama de ficción orixinal e polo deseño dos personaxes, algúns memorables, como esa tía Carme tan xenerosa ou co inflexible e orgulloso padriño Manuel, concibidos ao servizo do retrato dese tempo decisivo no que se montaron boa parte das explotacións actuais por parte dos avós e dos pais dos gandeiros de hoxe. Un relato no que, coma nas novelas anteriores, destaca a graza na recollida dos diversos rexistros da fala popular e a facilidade coa que o autor ofrece os diálogos de interiores que permiten que narración avance sempre de forma engaiolante e conmovedora. A de Manuel Iglesias Turnes é unha novelística convencional na forma mais moi transgresora, necesaria e singular no fondo, pola súa capacidade para ofrecer un universo propio e un relato alternativo do retrato da aldea, actualizando así a imaxe do mundo rural galego, tanto do desaparecido como do actual.


O debate sobre o futuro das cidades e das formas urbanas no escenario global sitúase cada vez máis no centro da axenda política galega. A pandemia da covid-19 obrigou a todas as cidades a enfrontar os seus problemas de mobilidade, tamaño e competitividade no marco do mapa galego, peninsular e europeo. O corenta aniversario do Estatuto de Autonomía (1981) e do que foi a batalla da capitalidade e do reparto das súas sedes e institucións entre Santiago, na súa maior parte, e A Coruña, ofrece a oportunidade de reconsiderar este modelo hipercentralizado, que danou o lugar de Vigo como primeiro motor urbano de Galicia ao longo do século XX. Como xa non se pode esconder o feito de que, desaparecidas de forma infame as dúas caixas de aforro galegas, as rexións urbanas de Vigo e A Coruña son hoxe dependentes económica e socialmente das súas empresas tractoras, Citroën e Inditex respectivamente; dúas industrias, a da automoción e o vestiario, sometidas a delicados procesos de mudanza climática, dixital e loxística que precisan para desenvolverse e subsistir da posta en marcha en cadansúa área de influencia de novas infraestruturas e procesos de I+D+i aos que non son alleos factores moi complexos de orde planetaria.

Grazas ás recomendacións de amigas libreiras cheguei a 
O pasado ano fixéronse vinte e cinco anos da publicación d’
Probablemente, O pobo da noite foi, como ten sinalado a profesora Dolores Vilavedra, un ensaio preparatorio para a edición do macrotexto poético que Manuel Rivas publicaría en 
Nas mesas de novidades das librarías viguesas destacou este pasado nadal Vigo, fronteira do alén (Ir Indo, 2021), o diálogo entre Lampetusa e Sponsor escrito por X.L. Méndez Ferrín como indagación sobre a cara e o envés da cidade de Vigo. Un texto que tivo a súa primeira edición en 1988, nun formato de libro de mesa, no que foi acompañado de cento cincuenta fotografías a cor de Xulio Gil e dunha escolma de textos literarios sobre Vigo. Unha obra coa que o editor Bieito Ledo iniciaba entón unha viaxe literaria e visual na procura da identidade de cada unha das cidades galegas ofrecendo edicións plurilingües en galego, castelán e inglés, empregando o gran formato (libros de 30 x 30 cm), a encadernación acartonada, os acabamentos en coiro ou tea, así como a presentación en estoxo, criterios e calidades de edición entón moi novidosos para o libro galego. Daquela excelente edición, Ledo rescatou o texto e apenas corenta fotos en branco e negro dándolles unha segunda vida cunha portada de Antón Pulido sobre as faenas do Berbés. E abofé que trinta e catro anos despois este libro máis humilde continúa sendo interesantísimo, tanto pola calidade e lucidez do texto ferriniano como polo feito sinalado no limiar desta segunda edición de que Vigo, sendo a máis dinámica das cidades galegas, «muda con moita rapidez de fisionomía aínda que non de espírito».

Lin con moito interese
O libro narra a vida cotiá en condicións deplorábeis dun dos 300.000 refuxiados, a maior parte deles, como Santiago, ex-combatentes do exército da República, nos campos de concentración de Saint Cyprien, Le Barcarès e Argelés-Sur-Mer. Lonxe de pretender retratar heroísmos, a obra relata en primeira persoa a miseria, a desgraza e o sufrimento dos internados, sometidos a situacións extremas, agravadas polas condicións climáticas, pola falta da mínima hixiene, a carencia de instalacións sanitarias, a escaseza de alimentos e auga e a crueldade dos gardas senegaleses. Xaora, ao autor cando fai memoria relatando as anécdotas desta vida tan precaria non lle falta nin o humor nin o xeito literario para construír unha peza emocionante para o lector, mesmo a pesar de que a súa intencionalidade, recollida dende o propio limiar, é ofrecer apenas un documento fidedigno e veraz sobre a vida dos exiliados españois nos campos de concentración franceses antes da ocupación alemá.
O rescate do esquecemento deste mecanoscrito constitúe, ademais, unha oportunidade para lembrar a Antonia Rodríguez Salinas, «Dona Antonia», a mestra que coa súa firmeza e sensibilidade marcou dende a súa escola da rúa Telmo Bernárdez a varias xeracións redondelás. Natural dun pequeno pobo de Guadalaxara chegou a Redondela co seu fillo Santiago para acompañar ao seu amor encarcerado na illa, unha historia extraordinaria merecedora de ser rescatada con outro lapis do carpinteiro literario. Como inesquecible e o seu labor como mestra de primaria, que utilizaba os textos de Federico García Lorca para a aprendizaxe da lectura e da escritura e axeitaba aquelas enciclopedias de Álvarez para que as súas clases de historia e xeografía preparatorias para os exames por libre fosen inesquecibles para os seus alumnos e alumnas. Memoria do labor educativo de dona Antonia que como a doutras esquecidas mestras particulares do franquismo merece ser recuperada.