Sexto aniversario
A Manuel Rivas, compañeiro de Brétema
Hoxe estas brétemas chegan ao seu sexto aniversario. Dende aquela primeira anotación levamos publicadas 2.945 (332 neste sexto ano) e 7.933 comentarios (625 en 2010), o que consolida a tendencia apuntada xa o pasado ano dunha ralentización do ritmo de publicación no blog, ao tempo que un claro incremento da utilización de Twitter (onde xa superamos os 4.500 tuits) e de Facebook, espazos onde agora se está producindo boa parte das interacións e dos debates. No caso noso consolídase a tendencia da transferencia da conversa cara estas redes sociais, manténdose o blog como eixo da nosa identidade dixital. Este ano, Brétemas tivo a honra e a fortuna de ser recoñecido co Premio AELG ao blog literario 2010, o que constituíu para nós unha grande honra pola expresamos a nosa maior gratitude.
Como é adoito, este aniversario –coincidente tamén co sexto de Jaureguizar e Nacho de la Fuente, entrañables compañeiros cos que iniciei en 2005 esta aventura – serve para recuperarmos algunhas das anotacións que foos realizando, xa que unha das funcións do blog é o de servir de arquivo dixital.
Das do inverno, recupero dúas das que facían referencia ao rexeitamento do borrador do decreto de plurilingüismo, «O noso idioma á intemperie», «U-lo consenso? Galego 2025» e unha terceira, «ProLingua, o día despois», que se facía eco da experiencia das 63 presentacións expansivas e simultáneas, organizadas por ProLingua, do libro coordinador por Quique Costas 55 mentiras sobre a lingua galega.
Das anotacións da primavera recupero «Un caligrama: a miña bandeira», unha imaxe preparada en letraset por Agustín Fernández Paz e «Dona Carme, novas versións», ao fío da miña feliz tarde na Casa da Lectura dos meus amigos e maigas de espazo Lectura.
Das anotacións do verán rescato, «Un longo e tortuoso camiño», unha rcomendación entusiasta do magnífico libro de ensaio sobre o BNG de Xosé Ramón Quintana Garrido, e «Galicia, unha xeración perdida?», un artigo en Faro de Vigo no que expresei unha das miñas maiores preocupacións, o fenómeno da emigración da mocidade.
Xa no derradeiro trimestre, coa chegada do outono, o blog devalou polos territorios que lle son máis propios, os da preocupación pola lectura e a mudanza do paradigma do libro e da comunicación cultural. Das numerosas anotacións publicadas neste período sobre o tema recupero «A arte de ler en tempo de crise e mudanza» e «Guardiola e o fomento da lectura».
Como ven sucedendo dende o seu inicio, no blog foron publicándose este ano as crónicas celestes de Campo do Fragoso, ás que só lles falta unha para acadar a súa primeira centena. Entre todas elas escollín «Herrera acertou», na que expresei a miña admiración polo míster que despois de tres tempadas horribles pode devolvernos a primeira cos mellores.
Agradezo o agarimo de todos os lectores e lectoras destas brétemas, que sinto como numerosos e próximos, sexa aquí no blog, por medio dos seus lectores de feeds, por Twitter ou nos enlaces de Facebook; a todos estas persoas expreso as miñas beizóns por interesarse por elas. Se o tempo mo permite e o entusiasmo non me falta, continuaremos con elas explorando o territorio das brétemas de esperanza.


Magoadamente cumpríronse os peores agoiros e o chamado 
A pesar do fraquísimo «Ano do Libro da Lectura» promovido pola Consellaría de Cultura, as experiencias de fomento da lectura en Galicia colleron en 2010 un importante pulo en Galicia. Entre todas elas destaca pola súa dimensión e enorme transcedencia o
Mención á parte e xa noutros ámbitos merecen dúas experiencias de fomento da lectura por min moi queridas: 
A pasada semana representei aos editores galegos en “La nit de l’edició”, a cita na que o Gremio de Editores de Catalunya entrega os premios Atlántida que recoñecen anualmente a persoas e medios de comunicación polo seu labor no fomento da lectura. O premio especial desta edición correspondeu ao señor Josep Guardiola, o adestrador do F.C. Barcelona, a quen deste xeito se lle abeizoa a súa contribución na promoción da lectura. A amizade de Josep Guardiola co cantante Lluis Llach e co poeta Miquel Marti i Pol, un grande barcelonista que lle dedicou a súa derradeira obra, o Llibre de les solituds, constitúe un feito moi coñecido na sociedade catalá que, porén, apenas pasou ás páxinas deportivas dos xornais do resto do estado.


Os días 18 e 19 de novembro celebrarase en Compostela (no centro sociocultural de Caixanova na praza de Cervantes) o 