Chega Google eBooks

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/ZKEaypYJbb4" width="740" height="448" wmode="transparent" /]

A posta en marcha de Google eBooks, probablemente, será un dos maiores empurróns para o libro electrónico en todo o mundo. Este novo modelo de distribución de ebooks supera algunhas das máis importantes carencias existentes até hogano, sobre todo as referidas aos soportes (admite a lectura sobre todo tipo de pantallas: computadoras, teléfonos, e-readers e taboíñas dixitais) e ao papel do editor (sinalará o prezo e os sistemas de protección de dereitos de autor). Semella que a partir de Google eBooks o acceso ao contido dixital na nube será o principal, superando as limitacións que puidesen existir de soportes ou formatos. No entanto, aínda descoñecemos cales son os termos dos contratos de distribución que se asinarán cos editores, as posibilidades de préstamo das licenzas de acceso (cuestión vital para as bibliotecas) e outros pormenores do funcionamento do proxecto, así como a relación que Google que manterá cos clientes finais. A apertura dunha pasarela de pagamento por parte de Google ábrelle unhas posibilidades enormes para calquera outro tipo de comercio electrónico, o que pode constituír un feito moi salientable. Sen dúbida, este modelo abre unha competencia moi dura de Google con Amazon (que insiste con Kindle, o seu e-reader propietario) e, en menor medida, con Apple. As tres empresas estadounidenses semella que pretenden controlar todo o mercado da distribución do libro dixital. Haberá espazo para outros modelos alternativos? Polo menos, agardo que nesta batalla entre xigantes os libros electrónicos de linguas minoritarias coma a nosa teñan o seu espazo.

2 comentarios
  1. dani
    dani Dice:

    Tal e como indican, eles pretenden xogar o papel de socio tecnolóxico así que non hai ningunha restricción para que editores coma vós (integrando hacia adiante) ou mesmo distribuidores se unan a esa plataforma de distribución: ben vendendo os libros desde a vosa propia plataforma e utilizando a súa estructura e visibilidade, ben dende a súa… ben por ambos métodos…

    Tampouco por ningunha parte vexo restriccións sobre as linguas dos libros polo que non entendo ese papel tan á expectativa que parece que estades a xogar certos editores. Ante a presentación dunha oportunidade de mercado (a creación dunha plataforma de lectura e distribución) coma esta cómpre entrar en contacto cos seus promotores para determinar se vos interesa utilizala (p.ex: coma método de pago/descarga)

    http://www.powells.com/ebooks/
    Aí un exemplo dunha librería q está tirando proveito da plataforma.

    O lector en galego non le exclusivamente libros en galego…e polo tanto é sinxelo pensar que de aquí a ben pouco precisará utilizar plataformas coma esa… e parece lóxico quererse integrar nela ou noutras máis libres que xurdan; para non obligar a instalar e aprender MIL métodos.

    Por outra banda, google ebooks dispón dunha API que permite acceder á librería de cada usuario. Así; se eu entro na tenda que podería crear “Xerais” ti poderías “ver” que me gustan as noveles policiacas e recomendarme os libros do Ameixeiras. Por suposto ese papel poderíano seguir a ter os libreiros actuais ou futuros

Trackbacks y pingbacks

  1. […] This post was mentioned on Twitter by Manuel Bragado, b.. b. said: RT @bretemas: «Chega Google eBooks«, anotación no blog, http://bretemas.blogaliza.org/2010/12/07/chega-google-ebooks/ […]

Los comentarios están desactivados.