Entradas por bretemas

Unha nova Gallaecia

Dedico o artigo da semana en Luzes a discriminación que sofre Galicia ao ser excluído do Corredor Atlántico: Paradoxos da actual política española levan a que Galicia, a única comunidade atlántica, quedará fóra, canto menos ao longo da vindeira década, do Corredor Atlántico ferroviario, un dos eixos das Redes Transeuropeas de Transporte de mercadorías, que […]

Onte 1952: «Phantom Thread»

Hai películas como Phantom Thread (El hilo invisible na distribución española), que seducen pola súa beleza formal mesmo a pesar das ambigüidades e carencias do seu relato, neste caso o romance entre un costureiro, un xenio désposta e maniático, e a súa modelo. A deslumbrante posta en escena de Paul Thomas Anderson, director tamén da fotografía, capaz […]

Unha década de Espazo Lectura

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao décimono aniversario de Espazo Lectura: Non se entende a capacidade de resistencia da edición en Galicia sen contar coas achegas que durante a última década recibiu de iniciativas de fomento da lectura. Non hai dúbida que entre elas hai que citar o plan de mellora de […]

Onte 1951: «Papusza»

Habia tempo que non vía unha película visualmente tan fermosa como Papusza, a obra dos polacos Joanna Kos-Krauze e de Krzysztof Krauze, un espectáculo fotográfico en branco e negro deslumbrante de Krzysztof Ptak tanto pola súa composición como pola súa tonalidade achegada ao pictórico. Un film que reconstrúe a peripecia biográfica de Bronislawa Wajs, chamada «Papusza» […]

Onte 1950: En “Luar” con Matilde Felpeto

Por vez primeira formei parte onte do público de Luar, acompañando a Matilde Felpeto quen non transcurso do programa especial con motivo da Festa do cocido, xa á altura da unha da mañán, recibiu das mans de Rafael Cuíña, o alcalde de Lalín, o primeiro premio do Álvaro Cunqueiro de cultura gastronómica 2018 pola súa monumental Cociña galega tradicional, […]

Memoria do Holocausto

Dediquei o artigo da semana en Faro de Vigo ao Día do Holocausto: O pasado 12 de agosto visitamos os campos de concentración de Auschwitz e Birkenau, situados en Oswieçim, preto da cidade de Cracovia na cerna da simpática Galicia polaca. Seis horas inesquecibles, que compartimos con outros centos de visitantes (máis dun millón cada […]

O libro galego á intemperie

Dedico o artigo semanal de Luzes á situación do sector editorial en Galicia: Pasada unha década da aprobación da Lei do Libro e da Lectura de Galicia o sector do libro quedou á intemperie, abrigado pola forza dos seus lectores e lectoras e sostido pola súa dependencia do sector educativo. Pouco queda xa das intencións […]

Onte 1949: «The Post»: let’s publish

A escena máis emocionante de The Post é cando Ben Bradlee, o director do xornal, chama á rotativa para poñer en marcha a impresión do xornal. Nese «let´s publish» resúmese a pulsión da afouta editora, Kate Graham, interpretada de forma maxistral por Meryl Streep, despois de vencer as presións e asumir en carne propia os perigos que […]

Marcó del Pont

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á figura de Buenaventura Marcó del Pont: Ao fío do artigo do pasado martes sobre Gonzalo de Vigo como un novo mito vigués a poñer en valor, varias persoas me comentaron como era posible que continuasen esquecidas outras figuras da nosa historia local como Buenaventura Marcó […]