Vagalume
A palabra máis fermosa. Etiquetas: Vagalume, Galego
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6839 entries already.
Recomendo esta dúas entrevistas de hoxe con Tabucchi, pregoeiro do Sant Jordi. Recollo algunha das súas opinións que me interesaron: Unha flor e un libro supoñen unha fermosísima combinación: paz, ledicia e intelixencia. Pensar nos libros, nos propios e nos alleos, é unha actividade interesante, porque un libro, contra o que algúns cren, non remata […]
No artigo da semana recollo a miña reflexión sobre o conflito. Etiquetas: Libros, Vigo, Artigos
O conflito sobre a celebración do día do libro en Vigo adquiriu tintes alucinantes. O concelleiro de tráfico e seguridade, o que intervén no caso, xustifica a decisión para “evitar aglomeracións“. Este tipo, se estivese en Barcelona, mandaba o exército á Rambla: que fai semellante xentío empuxándose diante desas mesas? O dito: Vigo ou barbarie! […]
Txetxu dá conta das diversas formas de celebrar o Día do Libro. Mentres, en Vigo, como xa anunciamos, o goberno local impide que os libreiros saian á rúa do Príncipe.Os nosos militantes fantasía víronse obrigados a enviar aos medios (como noutrora) este comunicado de protesta: Ante a negativa por parte do Concello de Vigo de […]
Así felicita o president o día de Sant Jordi. (ter un pouquiño de paciencia co frame) Etiquetas: Libros
Vía María coñezo esta iniciativa tan chula de animación do día do libro en Madrid. Pola contra, o goberno municipal de Vigo impide que os libreiros saquen os seus libros á rúa. Viva a barbarie! Recomendo a crónica de Oulego. Etiquetas: Libros, Vigo
A fundamentación da intervención de Juan Varela estivo nos seus conceptos de Política 3.0 e de democracia extrema. Etiquetas: Política3.0, Periodistas21
Compromisos profesionais impedíronme asistir á totalidade da xornada do encontro blogueiro. Por fin, coñecín a Ascárida que moderou modelicamente a nosa mesa, tanto polo control dos tempos como polo atinado das presentacións.Foi magnífica e moi clarificadora sesión de Juan sobre xornalismo electrónico. A súa definición dos blogs como identidades de dominio público pareceume que sinala […]
É unha marabilla. Benvido, Jacobo. Etiquetas: Blogs, Ilustradores

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
