2
comentarios
Los comentarios están desactivados.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Bibliocidade22 de Xaneiro de 2025 - 8:48 a.m.
- San Simón, lugar da memoria21 de Xaneiro de 2025 - 10:11 a.m.
- Coa batería descargada20 de Xaneiro de 2025 - 10:27 a.m.
- A cerna15 de Xaneiro de 2025 - 6:02 a.m.
- Historia do Calvario14 de Xaneiro de 2025 - 7:25 a.m.
Si que e bonito. Habera que ollalo con vagar.
En Vigo deberíades relembrar este manifesto: 25-xullo-1931, vai facer moi cedo 75 anos. Aínda hai tempo para facer algo ao respecto: unha conmemoración na rúa, mesa redonda, etc.Pensaino:
TERRA CEIBE!”
(Pan por Pan venres 12 maio)
En maio de 1931 dous mozos, Manuel Antonio e Xavier Soto, distribúen en Vigo un panfleto co título “Terra Ceibe!”. Criticaban nese texto aos concelleiros desa cidade por negarse a poñer a bandeira galega nos actos oficiais, ao carón da española. Hoxe nin sequera os nacionalistas coñecen ese texto: cousas da desmemoria. Texto ben radical, por certo. Velaí: “O noxo e a vergoña chegan a nós en rafaxes fondamente carraxosas, que nos obrigan a non poder calar a nosa protesta. A única Patria que recoñecemos, Galicia, ten a sua fala e a sua Bandeira, Bandeira que nós ollamos como insinia da nosa raza, a raza céltiga, forte e domiñadora, que si vai decaíndo é a forza da intrusión española que nos vai enchendo de sangue sin coor e sin vida, sangue escravo. Isto é o que nós temos por españoes; e certamente que tal herdo non merez outra defensa que a dos profesionaes do patriotismo trasnoitado”.