Lingua en positivo

Marcos propón abrir un debate en positivo sobre o futuro da lingua. Acerta de cheo. A pesar de que sei que non hai receitas máxicas a miña aposta vai por converter ao galego en lingua de proximidade, vencellándoa coa innovación tecnolóxica e co mundo da infancia, do lecer e da lectura. Só deste xeito creo que se poderá vencer na sociedade, e sobre todo na mocidade, o prexuízo estendido de asociar a utilización do galego como lingua vehicular cunha opción política nacionalista ou propia de aburridos culturetas galleguistas. Nesa liña, a mudanza radical no tipo de celebración do 17 de maio tórnase imprescindible.

4 comentarios
  1. el niño de la guía
    el niño de la guía Dice:

    Pois eu penso que a chave está nos medios , especialmente na televição. Há miles de pessoas na aranheira galega, mas há milhões diante da “caixa tonta” cada dia. Cada vez mais licenças… e em castelhano.

  2. Etxeokeai Fernandez
    Etxeokeai Fernandez Dice:

    Nunca o lugar de Niñodaguia se chamou “Niño de la guía” nin nada parecido. É máis, alí o topónimo auténtico, dos vellos é “Niñodaiga” e mesmo para algúns “Niodaiga”.

    Problemas hai moitos, pero a xente que cre que dicindo “teliviçao” é máis non sei qué, tamén é un problema. (By the way, os portugueses din televisao e non esa cousa que ti, arre carallo!, escribiches).

    O rollo normativo axudou moito a agudizar as contradicións e avanzar no uso do galego e facelo ver como unha lingua normal etc., non é, meu?

    O problema non son hoxe as leis… Cinco séculos de política asimilista, bla bla bla, dicía Castelao e é certo.
    Nin os Reis Católicos nin Franco.
    O galego empezou a entrar en picado, cando empezou a haber leis non seu favor (1982, p.ex.)
    Por que será logo? Porque a xente segue asimilando galego a bloque, rollo cultureta, pailán, etc. Non hai un mozos que liguen en galego no clube de iates de Sanxenxo ou Baiona.
    A lingua ou a facemos de todos ou pechamos… e para iso, hai que cambiar o discurso e contratar ao director de marquetín de Coca Cola ou algo semellante.

  3. el niño de la guía
    el niño de la guía Dice:

    O que di do topónimo é exactamente o motivo polo que asino como el niño de la guía. Qual é a novidade?.

    Obrigado por sinalar as gralhas, eu nom farei o mesmo com as suas.

  4. Roi Queimado
    Roi Queimado Dice:

    Home, ó de homenaxear ó mortiño noso de cada ano estaba ben nises grises anos do franquismo, mais hoxe e pra ¨flipar¨. É un caso de estudio de glorificación da cultura necrolóxica.

Los comentarios están desactivados.