O novo vieiros
Beizóns, beizóns! É unha marabilla. Etiquetas: Vieiros
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6807 entries already.
DERROTA DÓCETan curtidos en fracasos como andamos esta tempada, a derrota celeste contra o Werder Bremen foi o de menos. Un resultado moi enganoso para os méritos que sobre a lameira viguesa fixeron dous conxuntos que ofreceron unha emocionante e bonita noite de fútbol copeiro. Non hai dúbida de que o Celta desta noites europeas […]
Hoxe, coincidindo coa Día Internacional da Muller Traballadora, aparecen dous novos títulos da colección As Literatas dirixida pola escritora María Xosé Queizán. Esta colección específica de narrativa internacional escrita por mulleres acada os catorce títulos. Foi dende o inicio unha aposta pola tradución para o galego dalgúns dos títulos considerados como máis relevantes da literatura […]
DEMORARSE NA AVENTURA DA VIDAA última vez que xantamos xuntos, Carlos Casares convidoume a coñecer a súa maqueta ferroviaria da que tantas veces nos falara nas reunións de editores. Tratábase dun tinglado formidable de tres pisos, construído durante anos coa axuda dos seus fillos, pola que circulaban durante horas miniaturas marabillosas, sometidas ás velocidades, ás […]
O que máis gosto das reunións de blogueiros é a lectura das súas crónicas posteriores. Á de onte ben pagou a pena. Eis os textos lúcidos de Alfredo Ferreiro e Pelachos, que resumen os contidos dun logo encontro e substancioso encontro. Unha experiencia a repetir.Se o servidor de you tube mo permite, intentarei subir algún […]
Etiquetas: Jaureguizar
Na súa intervención Jaureguizar explicou que na novela presenta un dilema moral que o lector ou a lectora debe resolver. Etiquetas: Jaureguizar
Hoxe presentamos a web. Actualización (21:30): O acto de presentación desta tarde serviu para xuntarnos unha media ducia de blogueiros interesados pola literatura: Alfredo Ferreiro, Pelachos, Martin Pawley, Folerpa, Kavafinho, Jaureguizar e eu mesmo.Para comezar, o autor fixo unha presentación da novela e, logo, dos contidos do sitio web onde se pretende dar conta tanto […]
Coñezo dende hai tempo os problemas que ten o meu admirado Pedro Gómez Valadés –presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel (formada por máis de cen persoas de todos os partidos galegos), responsable comarcal de Esquerda Nacionalista e coordinador da revista Enclave– cun sector da UPG.Sempre confiei que se impoñería a sensatez, mais, como […]
Os membros da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña fixéronos chegar información da homenaxe que se realizará o vindeiro venres, 9 de marzo, ás 19:30, no Peirao do Portiño do barrio de San Pedro de Visma da Coruña en lembranza do setenta aniversario da traxedia do Portiño. No acto intervirán Eliseo Fernández, Xurxo […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
