PXOM de Vigo, o informe de Cultura

Outra vez máis, grazas a Vigoblog podemos ler na rede o que se nos pretende ocultar sobre a tramitación do PXOM de Vigo. Desta volta é o texto completo do informe da Dirección Xeral do Patrimonio (12 folios en PDF). Unha lectura atenta amosa que as modificacións solicitadas pola Consellaría de Cultura ao concello de Vigo son relevantes, por moito que a propia conselleira pretendese minimizalas para non incomodar de máis aos seus compañeiros vigueses. Cada nova información publicada demostra que hai moitos intereses tras a aprobación do plan vigués. O cambio profundo dalgúns criterios de planeamento e a necesidade dun novo proceso de exposición pública impóñense. Alguén pode explicar a teimosía dos defensores medulianos deste PXOM?

Etiquetas: ,
1 comentario
  1. Pablo Eifonso
    Pablo Eifonso Dice:

    Por que non se informa obxectivamente nos medios locais sobre o PXOM?:

    Unha ollada aos números dos gastos de publicidade de C.Porro nos anos 2005 e 2006, pode aclaralo. Pódense ver desglosados por medios de comunicación, aquí

Los comentarios están desactivados.