Entradas por bretemas

Libros galegos no Sant Jordi

Hoxe estaremos en Barcelona acompañando a Silverio Cerradelo na presentación d’ Os paxaros tamén migran ao sur. O acto forma parte do programa da semana actividades, organizada dende hai varios anos polos editores galegos, con motivado do San Jordi. Dende e Barcelona e Tarragona anotaremos, pois, estes días.

Gonzalo Bouza-Brey agredido

Unha chapa republicana motivou a agresión sufrida polo poeta vilagarcián Gonzalo Bouza-Brey e a súa compañeira María Isabel hai dous días. Unha noticia que nos produce enorme estupor; unha mostra alarmante de intolerancia que merece a nosa máis enérxica repulsa. Venturosamente semella que María Isabel e Gonzalo van mellorando das súas feridas. Unha aperta agarimosa […]

Campo do Fragoso XXXVIII

O VALOR DOS ABRAZOSDespois de celebrado o derby e recuperado, por fin, o ansiado vieiro das vitorias, teño claro que o principal problema do Celta non é tanto a calidade do seu xogo como a de recuperar o equilibrio anímico perdido tras seis meses de derrotas. Fernando Vázquez, un técnico honesto e celtista de corazón, […]

Pechou a Librería González

Onte pechou outra das librarías históricas galegas: a Librería González da rúa do Vilar de Santiago, onde será ubicada unha franquicia de vestiario. Creada en 1929, nos últimos anos supervivía coa venda de libros de agasallo e de turismo, foi un dos espazos clásicos para a venda de manuais universitarios.A rúa do Vilar, despois do […]

Cultur.gal, avance do programa

Fran anuncia o programa de actividades de Culturgal. Ten unha pinta moi atractiva. Culturgal é unha cita para o libro e o disco galego que debe supoñer un punto de inflexión no xeito de visibilizarse e gañar novo público. Etiquetas: Culturgal