Entradas por bretemas

Arquivos, museos e bibliotecas

No seu artigo de hoxe Xosé L. Méndez Ferrín atina no diagnóstico do estado carencial da rede bibliotecaria galega, especialmente, o triste caso vigués do que xa temos falado aquí en diversas ocasións proporcionando datos escandalosos. Ferrín promete novas entregas sobre tan importante tema. Para cando esa imprescindible nova Lei Galega de Bibliotecas inserida no […]

Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG)

Esta dispoñible a nova versión do Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG). A esta nova versión incorporáronse novas coleccións documentais e novos modos de busca que a converten nunha ferramenta moi útil para o coñecemento da lingua galega medieval e as temáticas vencelladas con ela. Que pensaría don Xosé María Álvarez Blázquez se puidese […]

"Fóra do sagrado"

Grazas a Marcos podemos coñecer na rede os grandes murais de Xoán Carlos e Xosé Luís de Dios sobre o perfil vigués que constitúen o fondo dos recitais de Fóra de sagrado de Anxo Angueira. Espectaculares, a verdade!

Campo do Fragoso LII

SEN PEGADAO turrón non lle sentou ben aos celestes que comezan o ano con dous malos resultados e unha baixada preocupante da eficacia do seu xogo. Tras o fracaso en Cádiz da pasada semana, o encontro de onte fronte ao autobús do Salamanca amosou que o equipo de López Caro entrou nunha fase depresiva e […]

Metro para o Gran Vigo

No artigo da semana propoño que se estude a viabilidade dun Metro para o Gran Vigo, inserido nun novo modelo de mobilidade metropolitana baseado no transporte colectivo intermodal. Hai experiencias abondas na península que demostran que isto non é nin unha quimera nin unha fantasía. Etiquetas: Artigos

Voces de liberdade, a homenaxe do PEN Clube

Onte asistín ao xantar de homenaxe a Francisco Fernández del Riego e Isaac Díaz Pardo, organizado polo PEN Clube de Galicia, con motivo da terceira edición dos seus premios “Voces de liberdade”. A organización e o desenvolvemento desta homenaxe a estes dous grandes editores da nosa memoria histórica, que contou coa xenerosa colaboración da Tenencia […]

Francisco Castro incorpórase a Galaxia

Francisco Castro incorporouse ao cadro de persoal da editorial Galaxia para encargarse dos Novos Proxectos (presupoño que para desenvolver os relacionados, especialmente, co mundo dixital e a edición electrónica). Un profesor e escritor experimentado e un inquedo animador cultural e da lectura como foi até agora Francisco, son un perfil moi prometedor para un convertirse […]

Stop the bullet. Kill the gun

É impactante este anuncio (Stop the bullet. Kill the gun), encargado por Choice FM, que pretende sensibilizar sobre a necesidade de eliminar as armas de fogo. Publicidade branca, da maior calidade narrativa e eficacia comunicativa, si señor! Ás portas da celebración do Día escolar da paz e a non violencia constitúe un bo recurso para […]

"Os amigos de Chano Piñeiro"

Chegoume hoxe un exemplar d’ Os amigos de Chano Piñeiro, un libro de homenaxe (formidable o formato), coordinado por Miguel Anxo Fernández e editado pola Presidencia da Xunta de Galicia. Sempre mantiven grande lealdade con Chano, figura da que son admirador incondicional, razón pola que estou moi orgulloso de ter sido convidado a participar en […]