Entradas por bretemas

Moi axeitado este anuncio de promoción da lectura rescatado por Espazo de lectura (magnífico blog!)Via Cabrafanada.

Sendeiro rural de Galicia

Paco Armada acaba de abrir un blog dedicado ao GR.94, o sendeiro rural de Galicia, homologado pola Federación Galega de Montañismo. Seguindo este vieiro para camiñantes, perfectamente sinalizado, pódese chegar de Vigo a Compostela sen pisar o asfalto. Recomendo a visita a este novo espazo web, onde Armada pretende ir informando sobre os contidos do […]

Jujel

Preme. Que é este sitio? O seu obxectivo é: “Funcionar coma servizo público para que moitos galegos a poidan usar coma páxina de inicio, mellorar o filtrado das buscas de Google e estudar o impacto dun medio na Internet onde se manifestan estes fenómenos fonéticos galegos.”Beizóns, creo que isto é unha marabilla.

Ler libros na pantalla

A editorial Harper Collins ofrece no seu espazo web a posibilidade de ler libros completos (como a versión en inglés do libro máis recente de Paulo Coelho), aínda que non poden ser descargados nin copiado nin impresos. Os textos estarán dispoñibles para os lectores durante un mes. A directora da editorial considera que “o mellor […]

Ian Mcwen, entrevista

Interesante entrevista a Ian McEwan con motivo da publicación de Chesil Beach, a súa máis recente novela. Etiquetas: Ian_McEwan

Penúltimos en lectura

No artigo da semana volvo sobre a análise dos datos do Barómetro de hábitos de lectura 2007 e reitero a proposta de dedicar o vindeiro 2009 como “Ano da Lectura“.Imaxe: Club de lectura. Biblioteca Monte Alto. Obrigado. Etiquetas: Lectura

Contrapunto

O blog de Manolo Gago é unha fonte permanente de bo gusto e beleza. Ademais de moitos outros temas, comparto con Manolo o seu interese pola eficacia emotiva da “publicidade branca”. Hoxe pendurou estas dúas pezas do Metro de Madrid, que son sinxelamente preciosas. A veterana axencia Contrapunto, produtora da segunda das pezas, ten realizado […]