"O segundo sexo" en galego
Preciosa a presentación de onte d’ O segundo sexo.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
Preciosa a presentación de onte d’ O segundo sexo.
Van aparecendo diversas análises e comentarios sobre os resultados das Xerais nos blogs galegos. Interesáronme unhas cantas: A contrafío: “Eleccións, enxurrada bipartidista e nosoutros, nacionalistas galegos”. Apunta para non esquecer: ¡Peligro, bipartidismo”. Arume dos piñeiros: “A apoteose da lei d’Hondt: a miña reflexión”. Calidonia: “Reaxir?” (Recomendo tanto a anotación coma os numerosos comentarios). Etiquetas: Eleccións_Xerais_2008
Diante dos resultados definitivos a primeira sensación é de alivio xa que perdeu a mentira, a crispación e o medo. O PP, a pesar de aumentar en seis deputados e mellorar o seu número de votos (en 400.000), non vai poder gobernar nin vai poder controlar o Senado (algo que se podía temer pola asignación […]
Entre as cousas que teño visto pola rede, o que máis atractivo me pareceu para seguir a xornada electoral dende internet foi: Soitu. Desagrega os datos por comuidades, provincias e concellos, ademais de poder integrar os datos nos blogs (tamén en galego). Ministerio do Interior. Google maps. Visualmente atractivo, aínda que de funcionamento engorroso.
No artigo da semana continúo a serie sobre Xosé María Álvarez Blázquez editor, abordando, coa brevidade obrigada do espazo do Faro, o seu proxecto de Edicións Castrelos, onde publicou case cen títulos e difundiu 600.000 exemplares de libros en lingua galega.Nunca está de máis que reiteremos a nosa admiración polo traballo de xigante que XMAB […]
O asasinato de Isaias Carrasco por parte dun pistoleiro de ETA en Arrasate é unha vileza arrepiante, ademais dunha flagrante violación dos dereitos humanos e da dignidade cidadá. Indubidablemente, tamén, ao producirse no derradeiro día da campaña, constitúe unha intolerable inxerencia de ETA no proceso electoral, xa que vai ser moi difícil para a cidadanía […]
Hoxe cúmprense cen anos do pasamento de Curros Enríquez. Moi recomendables todos os traballos que con este motivo publica hoxe Luzes. No entanto, abraia o escaso eco institucional de tan importante efeméride (supoño que será pola campaña electoral). Etiquetas: Curros_Enríquez
Xunto coa novela de Veiga e a edición do primeiro tomo d’ O segundo sexo, a finais da vindeira semana estarán nas librarías outras novidades literarias que entendo de moito interese: Incertos, primeiro libro de relatos de Antón Dobao; Diario dun pai acabado de nacer de Henrique Alvarellos; A cultura do pan de Xosé Lois […]
Unha moi boa noticia para a visibilidade do libro galego: o vindeiro sábado, Protexta, o suplemento trimestral de libros de Tempos Novos, aparecerá inserido xunto aos catro xornais do grupo La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños). Con esta iniciativa, Protexta adquire unha difusión de 50.000 exemplares […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
