Cifras e letras en Telemadrid
O bo do noso amigo Paco Lodeiro quedou pampo. Non hai dúbida que o seu programa serve para ampliar vocabulario.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
O bo do noso amigo Paco Lodeiro quedou pampo. Non hai dúbida que o seu programa serve para ampliar vocabulario.
Os filmes de Agustín from Martin Pawley on Vimeo. Beizóns a Martin Pawley que cumpre os seus cinco primeiros anos de mestre blogueiro. Agasállanos cunha nova sección “Os filmes de…”, comezando cos do mestre Agustín. Hoxe, pois, todos somos dobremente afortunados.
Os resultados do BNG nas Xerais son moi enganosos. Por unha banda amosan serias dificultades para consolidar o seu voto nas contornas urbanas e para recuperar o seu teito electoral, obtido nas Xerais 2000 (306.000 votos, un 18% do electorado), o que constitúe un feito, indubidablemente, insatisfactorio para as súas posibilidades de converterse nalgún día, […]
TRISTE, MOI TRISTEOnte remataron as entelequias de Mouriño: tras o bacará fronte ao Albacete, o Celta está obrigado a mudar o obxectivo do ascenso a primeira polo de evitar o descenso a segunda división B. Acadar doce puntos de trinta e nove posibles será, a partir de agora, o obxectivo razonable para un equipo que […]
No artigo da semana fago propoño unha reflexión, xa máis perfilada ca anterior (realizada na noite electoral), sobre o resultado das Xerais do pasado domingo. Entendo que consolidan ese ciclo político novo, sobre todo en Galicia. Etiquetas: Eleccións_Xerais_2008
A reportaxe de Babelia e outros textos sobre o big bang dixital provocado sobre o mundo do libro non achega grandes novidades. O texto que máis me interesou foi o de Edmundo Paz Soldán sobre “El ‘blog” y la literatura del siglo XXI“, no que se aposta pola consideración dun determinado tipo de blog como […]
Xa está aberta a inscrición para participar no XXII Encontro Galego-Portugués de Educadores pola Paz. Na xornada de apertura, o 18 de abril, presentarase no Teatro do Centro Cultural Caixanova de Vigo os dous primeiros tomos da triloxía Educación e paz, publicada por Xerais, sobre os que volveremos nas vindeiras semanas. Adianto que tanto os […]
Moi recomendable é o artigo de V. Oliveira, publicado en Galicia hoxe, dando conta das máis recentes novidades editoriais de e sobre a figura de Xosé María Álvarez Blázquez publicadas por Galaxia e Xerais. Nos vindeiros meses, antes do 17 de maio, aparecerán as edicións d’ A cidade e os días e a Fotobiografía, dús […]
Beizóns! Este é un gran paso adiante no fomento da lectura galega. Completísimo, actualizado e fermoso.
Coñecéronse hoxe os finalistas dos premios AELG 2008. Os premios serán fallados na Cea das Letras o vindeiro 26 de abril.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
